CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Apertura do trámite de información pública da proposta do Plan de Xestión de Residuos Industriais 2016 -2022 (PRIGA)

Data de publicación: 03.08.2016

Descrición:

Comeza o segundo período de consulta pública do plan o 3 de agosto, que estará aberto ata o 27 de setembro de 2016.

O documento está a disposición dos interesados na Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, na rúa de San Lázaro s/n (Santiago de Compostela), podendo acceder a unha copia do documento no seguinte enderezo:

Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2016-2022

Os interesados poderán remitir as alegacións que consideren oportunas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

Unha vez rematado este segundo período de información pública, redactarase a proposta definitiva do Plan de Xestión de Residuos Industriais de Galicia 2016 – 2022 (PRIGA).

Documento/s relacionados
  • Documento para Información Pública e Consultas - Agosto 2016 Descargar
  • Estudo Ambiental Estratéxico - Agosto 2016 Descargar
Subir