CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Nova lei de avaliación ambiental

Data de publicación: 23.01.2014

Descrición:

O pasado día 12 de decembro entrou en vigor a Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296 do 11.12.2013) que establece as bases que deben rexer a avaliación ambiental dos planes, programas e proxectos que poidan ter efectos significativos sobre o ambiente e cuxo procedemento se inicie a partir da súa entrada en vigor.

Esta lei sinala expresamente que queda derrogada a Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente, e o Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o  texto refundido da Lei de avaliación do impacto ambiental de proxectos.

Non entanto, establece un período transitorio no que estas normas continuarán vixentes no caso de que exista normativa autonómica propia en materia de avaliación ambiental ou normativa sectorial que regula a tramitación e aprobación de plans, programas e proxectos; nestes casos a derrogación producirase no prazo máximo dun ano.

Na páxina de avaliación ambiental estratéxica de plans dispón dunha nota aclaratoria sobre a implicación da nova Lei 21/2013 neste procedemento.

Con respecto á avaliación do impacto ambiental de proxectos, en Galicia é de aplicación directa a nova Lei 21/2013 a aqueles procedementos que se inicien a partir do 28.12.2013, tras ser derrogado o Decreto 442/1990 de avaliación do impacto ambiental para Galicia pola Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Subir