CMATI

|
|
|
Compartir

Instrucións para o envío

  • Atención ao cidadán: 012 / web@xunta.es

Presentación telemática:

  • Acceder ao formulario, premendo na ligazón situada no menú da esquerda.
  • A presentación telemática da queixa/suxestión esixe dispor dun certificado dixital baixo a norma X509 V3 expedido pola Fábrica Nacional da Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda. Se non dispón de dito certificado, pode obtelo de xeito sinxelo, accedendo á web da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre-Real Casa da Moeda
  • Cumprimentar todos os campos indicados no formulario, tendo en conta o carácter obrigatorio dos que aparecen con fondo amarelo.
  • Asinar co seu certificado dixital e enviar a folla de suxestións e queixas, premendo en "Envío Telemático".
  • Imprimir o resgardo de presentación, premendo en "Imprimir".

Para verificar que o seu equipo cumpre cos requisitos técnicos necesarios para realizar a presentación telemática pode utilizar o seguinte asistente.

Presentación física:

  • Acceder ao formulario, premendo na ligazón situada no menú da esquerda.
  • Cumprimentar todos os campos indicados no formulario, tendo en conta o carácter obrigatorio dos que aparecen con fondo amarelo.
  • Obter o documento cuberto en formato "pdf", premendo en "Imprimir Formulario". (Se non dispón dun lector de documentos "pdf", pode descargar un de xeito gratuíto na páxina de Adobe
  • Imprimir o documento "pdf".
  • Asinar o documento.
  • Presentar a folla de suxestións e queixas en calquera das oficinas de rexistro da Xunta de Galicia.