CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Os salmóns do río Ulla e Miño serán obxecto dun estudo sobre supervivencia na súa fase mariña

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio participa nun proxecto internacional de investigación sobre o salmón atlántico

Este estudo lévase a cabo simultaneamente en ríos de cinco países europeos

Técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural desprazáronse ata Galway para participar nunha reunión de coordinación, na que se fixaron os procedemento comúns a desenvolver a partir desta primavera

  • A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio participa nun proxecto internacional de investigación sobre o salmón atlántico
  • A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio participa nun proxecto internacional de investigación sobre o salmón atlántico
  • A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio participa nun proxecto internacional de investigación sobre o salmón atlántico

Santiago, 8 de marzo de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio participa nun proxecto internacional sobre o estudo do salmón atlántico, polo que os exemplares do río Ulla e Miño serán analizados na súa fase mariña.

Os estudos e traballos sobre esta especie no medio fluvial son relativamente frecuentes, pero dada a dificultade para a supervivencia dos esguíns desde que deciden abandonar o río ata que chegan ao mar, os estudos mariños sobre o salmón son escasos. Nos últimos tempos a Organización de Conservación do Salmón no Atlántico Norte (NASCO), á que pertence España por convenio dende 1986, trata de impulsar a investigación sobre supervivencia desta especie na súa fase mariña.

Nese sentido, NASCO Smoltrack (smolt é esguín ou xuvenil de salmón cando migra ao ó mar; track é igual a seguimento) é a denominación dun proxecto de investigación financiado pola Unión Europea a través da NASCO, que ten como obxectivo analizar a súa supervivencia ata que chegan ao mar, e dicir, estudar a mortalidade mariña inicial do salmón.

Trátase dun estudo que se desenvolve simultaneamente en ríos de cinco países europeos (Dinamarca, Inglaterra, Irlanda do Norte, República de Irlanda e España) durante 2017 e 2018.

No caso de España, este estudo levarase a cabo nos ríos Ulla e Miño por ser os únicos do Estado que contan con trampas fixas de captura de xuvenís de salmón, aos que se lles inserta unhas marcas acústicas na primavera e con posterioridade serán detectados con receptores de ultrasons colocados nos ríos Ulla e Tea, e tamén na ría de Arousa e no estuario do Miño.

Recentemente, técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio Natural desprazáronse a Galway (República de Irlanda) para que o experto noruegués en telemetría acústica, Finn Okland, asesora aos representantes galegos, e que tamén participaron nunha reunión de coordinación con outros membros do proxecto, na que se fixaron os procedemento comúns a desenvolver a partir desta primavera.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es