CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta aproba o Plan xeral de Soutomaior que pon en valor os espazos públicos e o patrimonio natural e paisaxístico do concello

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do planeamento durante un encontro co alcalde, Agustín Reguero

A aprobación do PXOM supón un claro avance para o concello que, ata o de agora, rexíase polas normas subsidiarias de planeamento municipal, vixentes dende hai case tres décadas

Máis do 80 por cento do termo municipal cualifícase como solo rústico, polo que este plan xeral aposta pola preservación dos espazos naturais e paisaxísticos do concello

O PXOM de Soutomaior tramitouse en pouco máis de tres anos –a media está en seis- e é o terceiro que o Goberno galego aproba na actual lexislatura
 

  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do planeamento durante un encontro co alcalde, Agustín Reguero
  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do planeamento durante un encontro co alcalde, Agustín Reguero
  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva do planeamento durante un encontro co alcalde, Agustín Reguero

Soutomaior (Pontevedra), 14 de marzo de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de outorgar a aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Soutomaior. Trátase dun importante avance para o concello, que ata o momento carecía de planeamento propio e rexíase polas Normas subsidiarias de planeamento municipal do ano 1989.

A titular do departamento autonómico, Beatriz Mato, asinou hoxe a orde de aprobación definitiva deste instrumento de ordenación no transcurso dunha encontro co alcalde da localidade, Agustín Reguero, ao que felicitou polo traballo realizado e por facer que Soutomaior conte cun plan xeral adaptado á Lei do Solo e que porá fin a unha normas subsidiarias aprobadas hai case tres décadas.

A conselleira destacou, entre outros avances, que o planeamento pon en valor o patrimonio natural e paisaxístico do concello, pois máis do 80 por cento do termo municipal cualifícase como solo rústico maioritariamente de especial protección; e contrarresta o déficit de espazos públicos e zonas verdes de dominio e uso público. Ademais, estrutura os 29 núcleos rurais delimitados en base á parroquia como institución básica de ordenación completada pola figura dos barrios, que agrupan diversos asentamentos próximos entre si.

Por outra banda, o novo PXOM –no que a Xunta colaborou con máis 87.000 euros- elimina os usos inadecuados nas distintas clases de solo, así, se incorporarán novos usos potenciando a oferta hoteleira e reducirase o solo industrial co obxectivo de “adaptalo á demanda real e ás posibilidades de xestión municipal”, explicou Beatriz Mato. No caso concreto da vila de Arcade, o solo industrial eliminarase por completo por contar con escasas opcións de crecemento e atoparse nunha situación de abandono.

Outro dos puntos relevantes do novo planeamento, segundo detallou Mato, é que serán aprobados 6 ámbitos de solo urbanizable delimitado, un deles constituía un asentamento xurdido á marxe do planeamento que o PXOM regulariza ao abeiro da disposición transitoria 13ª da LOUG. Tamén quedarán perfectamente identificados e delimitados os dous núcleos urbanos que son Soutomaior e Arcade.

O terceiro PXOM aprobado na actual lexislatura

Por último, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio lembrou que con este de Soutomaior son 3 os plans xerais de ordenación municipal que se aproban na actual lexislatura e 61 aprobados por este Goberno. Ademais, con Soutomaior suman xa 94 os concellos que dispoñen de PXOM “actualizado e de calidade”.

Mato insistiu en que a tramitación dun PXOM é un “traballo longo e nada sinxelo”, pero o Concello de Soutomaior logrou aprobalo na metade de tempo -3 anos e 4 meses, cando a media está arredor dos 6-. Así, “témonos que felicitar por acurtar os prazos e ter acadado estes resultados positivos”. “A nosa aposta –engadiu- ten sido traballar man a man cos concellos e así o temos feito co concello de Soutomaior”. Proba diso é o investimento de máis de 87.000 euros que a Xunta realizou “para apoiar aos técnicos municipais na redacción deste PXOM”.

Simplificar os trámites administrativos é parte do compromiso do Goberno galego cos concellos, por iso, ademais de aprobar o regulamento da Lei do Solo só seis meses despois da entrada en vigor desta norma -para dotar aos concellos de instrumentos sólidos e de seguridade xurídica-, creouse o informe único autonómico, que evita que os concellos teñan que solicitar informes sectoriais por separado e, ademais, fixa nun prazo de 3 meses para informar e entende o silencio administrativo como positivo.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es