CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

As obras da mellora da praza e a rúa Requeixo en Vilaza, no Concello de Monterrei rematarán en abril

A Consellería de Medio Ambiente destinou case 150.000 euros á execución desta actuación que se enmarca no Plan hUrbe para mellorar as contornas urbanas do concellos galegos

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio supervisou esta mañá esta actuación, coa que se recupera un espazo de 280 m2 para facer destes espazos lugares máis habitables

Beatriz Mato salientou tamén se executa unha rotonda, polo que se minimizan os riscos que representa o tráfico que soporta este punto urbano do concello
 

  • A Consellería de Medio Ambiente destinou case 150.000 euros á execución desta actuación que se enmarca no Plan hUrbe para mellorar as contornas urbanas do concellos galegos
  • A Consellería de Medio Ambiente destinou case 150.000 euros á execución desta actuación que se enmarca no Plan hUrbe para mellorar as contornas urbanas do concellos galegos
  • A Consellería de Medio Ambiente destinou case 150.000 euros á execución desta actuación que se enmarca no Plan hUrbe para mellorar as contornas urbanas do concellos galegos

Monterrei (Ourense), 15 de marzo de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio rematará no mes de abril as obras de mellora da praza e a rúa Requeixo en Vilaza, no Concello de Monterrei. Así o avanzou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, durante a visita aos traballos, aos que se destinaron case 150.000 euros.

Mato Otero recordou que esta actuación execútase en base a un convenio de colaboración asinado pola Xunta e o Concello de Monterrei, e enmarcado no Plan hUrbe, co que se pretende humanizar, mellorar e recuperar as vilas galegas.

No caso de Monterrei, o obxectivo xeral da actuación era adecuar esta rúa e a praza para o paso de peóns, minimizando o risco que supón o tráfico que soporta. Ao longo destes meses acometéronse traballos para a instalación de beirarrúas en ambas marxes da rúa Albarellos e executarase unha pequena rotonda para a ordenación do tráfico na intersección. Tamén se procedeu á instalación de nova tubaxe para as rede de saneamento e abastecemento.

Recordou que as actuacións comezaron na rúa Requeixo á altura da intersección coa rúa Igrexa, e levaranse a cabo na marxe dereita da mesma ata a intersección coa rúa Albarellos. Neste punto acometéronse as beirarrúas en ambas marxes, ata o comezo do muro de peche do Mosteiro dos Templarios (15 metros por cada marxe). Tamén se continuaron as as beirarrúas na marxe dereita da estrada OU-1014, que a partires da intersección (en sentido suroeste – nordeste) pasa a denominarse rúa Touza.

En definitiva, esta actuación contribúe á rexeneración dun espazo público de Monterrei e mellora a calidade de vida dos veciños, ao tempo que se da resposta a un cuádruplo obxectivo: mellorar a estética, garantir a seguridade peonil, coordinar o tráfico rodado e mellorar o saneamento.

Plan hurbe

A conselleira de Medio Ambiente recordou que o Plan hUrbe constitúe unha aposta decidida pola humanización das vilas galegas, mellorando os contornos urbanos, contribuíndo ao benestar dos veciños e incrementando a habitabilidade, a comodidade e a sensación de comunidade. Desde 2010, ano no que se puxo en marcha, o Goberno galego ten financiado e executado 157 actuacións en 114 concellos, cun orzamento de 123 millóns de euros. Mato Otero recordou que só na provincia de Ourense no período 2010-2017 supera os 10 millóns de euros, que permitiron a posta en marcha de 64 actuacións en 35 concellos da provincia.

Para o actual exercicio manterase este esforzo inversor con case 10 millóns de euros no marco deste plan, dos cales para a provincia de Ourense se reservan máis de tres millóns de euros, para o financiamento de 16 actuacións en 16 concellos.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es