CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta facilita o acceso dos axentes ambientais e forestais á nova escala de axente técnico en xestión ambiental

As consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio; Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e do Medio Rural asinaron un acordo para este fin

Coa formación de grao superior e un proceso de recoñecemento de competencias profesionais, o persoal adaptarase á escala actual, que require unha titulación como técnico superior en Xestión Forestal e do Medio Natural ou equivalente

Este convenio pretende sentar as bases para que estes axentes adquiran novas competencias ou reforcen os seus coñecementos e preparación na defensa dos recursos forestais e a vixilancia e conservación dos espazos naturais

Case 400 persoas poderanse beneficiar deste acordo

  • Os conselleiros de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asinaron un acordo para facilitar o acceso de distinto persoal á escala de axentes técnicos en xestión ambiental

Santiago, 16 de marzo de 2017.- Os conselleiros de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e do Medio Rural, Ángeles Vázquez, asinaron esta mañá, en presenza de representantes sindicais, un acordo para facilitar o acceso de distinto persoal á escala de axentes técnicos en xestión ambiental. Así, a Xunta de Galicia pretende que tanto os axentes facultativos ambientais coma os axentes forestais poidan acceder a esta nova escala que se contempla na lei de 2015 de emprego público de Galicia.

Esta norma, ademais de crear a dita escala, declara a extinguir entre outras as de axentes facultativos medioambientais do corpo de axudantes facultativos e de axentes forestais do corpo de auxiliares técnicos. Ao tempo, creouse a nova escala de axentes técnicos en xestión ambiental, que require a titulación de Técnico Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural ou equivalente, para poder acceder a ela.

Este convenio representa unha oportunidade de mellora para os axentes ambientais que verán acreditados e reforzados os seus coñecementos e preparación técnica para asumir os retos da defensa dos recursos forestais e a vixilancia e conservación dos espazos naturais de Galicia. Tamén pon de manifesto a vontade do Goberno galego por facilitar a formación a estes traballadores para que cumpran, así, cos requisitos que esixe o novo corpo de axentes técnicos de xestión ambiental. É dicir, senta as bases para que estes axentes amplíen ou adquiran novas competencias que os equiparen no exercicio das súas responsabilidades.

Co obxectivo de facilitar o acceso dos case 400 traballadores acollidos ao acordo entre a Xunta e os sindicatos para a incorporación a esta nova escala asinouse o devandito acordo de colaboración. Este permitirá que se lles facilite aos empregados a formación necesaria, así como a realización do procedemento de recoñecemento de competencias profesionais a través da experiencia laboral ou a convocatoria específica de probas libres de acceso aos ciclos de grao superior, segundo sexa o caso.

Neste documento a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asume o compromiso de realizar unha convocatoria específica para dita acreditación de competencias profesionais e de adecuar o calendario deste proceso para facelo compatible coa xornada laboral destes traballadores. Ademais, este departamento porá en marcha os procesos formativos necesarios para facilitar o seu acceso á titulación requerida, así como a realización dunha proba específica de acceso a ciclos de grao superior. Pola súa banda as consellerías de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e do Medio Rural financiarán os custos destes procedementos, cunha achega total de 363.030 euros.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es