CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Case 70.000 persoas visitaron durante a Semana Santa un espazo natural protexido, un 40 por cento máis que en 2016

A directora xeral de Patrimonio Natural sinala que as cifras rexistradas na Semana Santa avalan a folla de ruta establecida polo Goberno galego, coa posta en marcha do Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia

Ana María Díaz avanzou esta mañá en rolda de prensa que máis de 25.000 persoas se achegaron aos parques naturais de Galicia, entre os que destaca o incremento dun 60% do Invernadeiro

Sete de cada 10 visitantes que se achegaron a un parque natural no 2017, escolleron o período vacacional que vén de rematar para coñecer os valores naturais

Cíes segue a ser a illa do Parque Nacional máis visitada, pero Cortegada rexistra o maior incremento cun 248% máis que no período de 2016

O número de persoas que accederon á praia das Catedrais incrementouse en case un 30%, respecto da Semana Santa de 2016, e chegouse ao cupo total en tres xornadas

Adianta que a Xunta disporá un operativo especial para facilitar a visita ao Monumento Natural da Praia das Catedrais durante a ponte do 1 de maio, pero non será necesario expedir reserva para baixar ao areal
 

  • Praia As Catedrais
  • A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, na rolda de prensa
  • A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, na rolda de prensa

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2017.- A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, adiantou esta mañá que case 70.000 persoas decidiron achegarse a un espazo natural protexido durante a Semana Santa. Así o puxo de manifesto durente a rolda de prensa sobre a afluencia de visitas durante a Semana Santa aos parques naturais de Galicia e ao Monumento Natural da Praia das Catedrais.

Ana María Díaz salientou que o número de visitantes incrementouse nun 42 por cento máis, que respecto de 2016, ao pasar de 48.183 visitantes na Semana Santa de 2016 a 68.747 en 2017 e detallou que 25.824 persoas se achegaron aos seis parques naturais, 18.440 visitaron unha das catro illas do Parque Natural marítimo Terrestre e 24.483 accederon ao Monumento Natural da Praia das Catedrais.

Díaz López indicou que as cifras recollidas durante este período vacional avalan a folla de ruta establecida pola actual Xunta ao poñer en marcha o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, que identifica un total de 17 espazos imán, que son enclaves cun alto valor patrimonial e que -por ser uns espazos naturais moi coñecidos e recoñecidos polos galegos e polas persoas que visitan Galicia- propician un crecemento económico inclusivo e sostible; o emprego e o uso eficiente dos recursos, a protección ambiental e a divulgación de valores culturais e naturais.

A idea é aproveitar o recoñecemento e popularidade destes espazos para convertelos en elementos de atracción de visitantes cara outros enclaves, creando sinerxias entre os diferentes espazos, polo que nun radio de 30 e de 50 quilómetros, cóbrese a gran maioría do territorio de Galicia.

Ana María Díaz destacou que hoxe “ninguén dubida” de que Galicia está na axenda turística de España e do mundo, e en boa medida grazas aos espazos naturais protexidos; polo que a Xunta manterá esta folla de ruta para dar a máxima difusión a esta riqueza sen perder un ápice dos valores que o clasifican como patrimonio natural.

Parques Naturais

A directora xeral recordou que a Comunidade galega conta con seis parques naturais, que ao longo da Semana Santa foron visitados por 25.824 persoas, o que se traduce nun incremento dun 24% respecto do mesmo período do ano anterior. Ana María Díaz destacou o incremento porcentual do parque do Invernadeiro, de case un 60%, ao pasar de 163 visitantes a 259.

Tamén é salientable o incremento que rexistraron o parque das Fragas do Eume, con 3.635 persoas máis ao pasar de 13.080 a 16.715, e de Corrubedo, que rexistrou 4.395 visitas fronte ás 3.325 en 2016, o que implica un aumento de 1.070 persoas. Asemade, os parques Monte Aloia e Xurés pasaron a barreira dos 2.000 visitantes nesta Semana Santa, o que representa un incrmento dun 11% e 17%, respectivamente.

Ana María Díaz indicou que -analizando os datos no conxunto do ano- é importante o incremento que se rexistrou neste período vacional, xa que sete de cada 10 visitantes que pasaron ao longo de 2017 por un dos parques naturais, escolleron a Semana Santa para organizar a súa visita.

A directora xeral tamén puxo en valor os datos sobre a entrega de exemplares do Pasaporte natural, a Compostela dos parques, que foi presentada ao inicio da Semana Santa e da xa se repartiron case 350. “Un número significativo, tendo en conta que é unha iniciativa que se vén de poñer en marcha e que o reparto se fixo por primeira vez esta Semana Santa”, detallou Ana María Díaz.

Illas atlánticas

Durante a Semana Santa, un total de 18.440 persoas visitaron unha das catro illas que conforman o Parque Natural Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas. Á vista dos datos, Cíes segue a ser o destino preferente, tal e como demostra o incremento de máis de 7.000 visitantes, con respecto á Semana Santa de 2016; pero tanto Ons como Cortegada rexistraron un incremento que superou o 200%. No conxunto, as catro illas rexistran un aumento de 10.160 visitantes, é dicir, un 123% máis que no ano anterior.

A continuación detállanse as cifras rexistradas en cada unhas da illas e a súa comparativa con respecto ao ano anterior.

Illa
2016
2017
 Incremento
pax
Porcentaxe
 
Cíes
6579
13865
7286
110%
Ons
1246
3825
2579
206%
Sálvora
333
325
-8
-2%
Cortegada
122
425
303
248%
TOTAIS
8280
18440
10160
123%

 

Tres xornadas completas nas Catedrais

A directora xeral tamén ofreceu datos de visitas ao Monumento Natural das Catedrais, que nesta Semana Santa agotou a reserva de visitas por web en tres xornadas, Xoves e Venres Santo e o sábado 15 de abril.

Dende o 7 de abril ata o 17, período no que era necesario contar cunha reserva para acceder a este monumento natural, concedéronse un total de 24.483 permisos, fronte aos 19.020 que se concederon na Semana Santa de 2016, é dicir un 28,72% máis.

A directora indicou que un síntoma de que cada vez máis xente ten interese en coñecer esta espazo natural é o feito de que das 10 xornadas nas que era necesario esta solicitude, 8 superaron a barreiro das 1.000 solicitudes. En relación coa procedencia, a directora aclarou que un 74% dos visitantes proviñan de fóra da Comunidade autónoma galega, dos cales un 22% procedían de Comunidade de Madrid, seguida pola do País Vasco e de Cataluña.

Asemade, adiantou que a Xunta de Galicia habilitará un operativo especial para facilitar a visita ao Monumento Natural da Praia das Catedrais durante a ponte do 1 de maio. Contarase con persoal para ordenar o tráfico, para faciliar o acceso ao areal e aclara que non será necesario expedir reserva para baixar á praia, e tamén haberá técnicos para facilitar información aos visitantes.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es