CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente conclúe o trámite ambiental do Plan especial de infraestruturas para a construción unha piscina en Arteixo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o informe para a integración do proxecto de construción dun complexo deportivo e de lecer que dará servizo aos veciños da Pastoriza e Meicende

Co fin de minimizar os posibles efectos medioambientais, este departamento propón adoptar medidas respectuosas co entorno, como o tratamento axeitado das zonas verdes, a xestión sustentable dos recursos hídricos e o aforro enerxético
 

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio conclúe a tramitación ambiental do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a construción dunha piscina en Meicende, en Arteixo, coa súa decisión de non someter a avaliación ambiental este proxecto cuxo desenvolvemento terá unha escasa incidencia no entorno. Deste xeito, o departamento autonómico valora o grao de adecuación e integración na súa contorna da posible dotación dun equipamento deportivo e de lecer, que dará servizo, principalmente, aos veciños das parroquias da Pastoriza e Meicende.

Así e todo, co obxectivo de minimizar os posibles efectos ambientais, a Consellería do Medio Ambiente propón introducir no Plan medidas respectuosas co medio ambiente, como o tratamento axeitado das zonas verdes mediante a implantación de especies autóctonas e a conservación da vexetación de interese existente e garantir o abastecemento e o saneamento das augas residuais conforme aos criterios de sustentabilidade e planificación hidrolóxica.

Ademais, formula a necesidade de promover a adopción de medidas que contribúan á eficiencia na xestión dos recursos, especialmente, a través do aforro enerxético e o emprego de enerxías renovables e un consumo responsable da auga.

Estas medidas poderanse consultar no informe que hoxe publica o Diario Oficial de Galicia (http://bit.ly/2pWQHTm) e a páxina web da Consellería do Medio Ambiente e Ordenación do Territorio (www.cmaot.xunta.gal).

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es