CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente presenta aos concellos da comarca da Serra do Courel as medidas para minimizar os danos causados polo oso pardo

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana Díaz, mantivo unha reunión cos alcaldes de Folgoso do Courel, Quiroga, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, aos que lles comunicou o outorgamento dun proxecto LIFE Natureza e Biodiversidade en relación ao grao de asentamento da especie neste espazo

Estará coordinado pola Fundación Oso Pardo e ten por obxectivo favorecer o control da especie

Nas vindeiras semanas se establecerán os primeiros contactos cos axentes sociais da zona para presentarlles as actuacións previstas
 

  • A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, -xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro- mantivo un encontro de traballo cos alcaldes de Folgoso do Courel, Quiroga, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro
  • A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, -xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro- mantivo un encontro de traballo cos alcaldes de Folgoso do Courel, Quiroga, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro

Lugo, 15 de xuño de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio presentou aos alcaldes da comarca do Courel as medidas que se porán en marcha para paliar ou minimizar os danos causados polo oso pardo.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, -xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro- mantivo un encontro de traballo cos alcaldes de Folgoso do Courel, Quiroga, Samos, Triacastela, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro, para informarlles das medidas que se porán en marcha a cargo deste proxecto europeo, que estará coordinado pola Fundación Oso Pardo.

As medias, que se iniciarán de inmediato, consistirán na plantación de masa arbórea e arbustos autóctonos, a recuperación de fincas para mellorar a calidade dos hábitats, a celebración de xornadas e encontros formativos para fixar unha cultura de sensibilización respecto desta especie, así como medidas de protección fronte a ataques de oso a todas as colmeas da zona de actuación.

Reiterou que o obxectivo é diminuír os posibles danos causados polo oso, polo que se realizarán un control e estudo dos seus asentamentos e hábitats. Así, para acadar este reto, será necesario mellorar a conectividade e calidade dos espazos nos que vive o oso, especialmente, en zonas de interese, así como mellorar o coñecemento polos actores sociais, o que suporá nunha maior aceptación social.

O importe deste proxecto elévase a 1,6 millóns de euros para levar a cabo accións no Espazo Rede Natura Ancares- Courel, e algunhas das accións, como as relacionadas coas de educación ambiental, tamén se realizarán no sector norte deste espazo, que abarca a Serra dos Ancares, nos concellos de Becerreá, Cervantes e Navia de Suarna.

Por último, a directora xeral de Patrimonio Natural explicou aos alcaldes que nas vindeiras semanas estableceranse os primeiros contactos cos membros dos tecores, apicultores e veciños da zona para expoñerlles polo miúdo as actuacións previstas.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es