CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente entregará case 700.000 euros de axudas concedidas ás entidades locais para accións en materia de residuos

O departamento que dirixe Beatriz Mato última a tramitación para o abono do importe das axudas dos plans de impulso ao medio ambiente, convocadas polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente

Estas axudas permitirá aos concellos sufragar os gastos para a posta en marcha de iniciativas que melloren a recollida de residuos, como aceites de cociña usados, fomento da compostaxe doméstica e a recollida separada de bioresiduos
 

Santiago, 4 de agosto de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio entregará nas vindeiras semanas preto de 700.000 euros en concepto de axudas para a posta en marcha de accións en materia de residuos nunha vintena de concellos galegos.

O departamento que dirixe Beatriz Mato está a ultimar a tramitación e documentación necesaria para abonar o importe destas subvencións concedidas polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Mapama) a varios concellos de Galicia, ao abeiro dos Plans de Impulso ao Medio Ambiente no conxunto do Estado.

Trátase dunha iniciativa que busca impulsar accións a favor da mellora do medio ambiente e da integración das políticas de calidade ambiental coas da loita contra o cambio climático.

Así, a orde de axudas establece o financiamento de medidas de fomento da compostaxe, medidas para promover a recollida de aceite de cociña usado xerado no ámbito doméstico para destinalo á produción de biocombustible para o transporte e medidas para incentivar o emprego eficiente do biogás. Tamén se estableceu unha liña de colaboración para a mellora dos puntos limpos, co fin de que estas instalacións se adapten á normativa de residuos de aparatos eléctricos e electrónicos, así como a mellora xeral das instalacións.

A Consellería de Medio Ambiente e ordenación do Territorio é a encargada de recoller as solicitudes que presenten as administración locais e remitilas ao Ministerio para a súa aprobación ou denegación. Tamén será competencia da administración rexional proceder ao abono das axudas concedidas ao amparo desta orde, así como de remitir a documentación ao Ministerio, una vez que a iniciativa está executada.

Na páxina web do Sistema de Información de Residuos de Galicia pódese acceder á información completa sobre a convocatoria destas axudas do Mapama.

 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es