CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Illas Atlánticas convoca unha nova edición do concurso fotográfico e de relatos sobre o Parque Nacional

No caso do certame fotográfico trátase da cuarta convocatoria, mentres que no literario é a terceira. Ambos teñen unha modalidade xuvenil (entre 10 a 17 anos) e outra de adultos (a partir de 18 anos)

A temática dos concursos estará relacionada coa flora e fauna, a paisaxe, a tradicións, as lendas e as historias sobre os distintos arquipélagos do Parque Nacional

Os participantes poden enviar os seus traballos, por correo ordinario o dixital, ata o 21 de decembro
 

Santiago, 4 de agosto de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, convoca unha nova edición do concurso de relatos do Parque Nacional (a terceira) e do certame de fotografía Unha mirada as túas illas, a cuarta, que leva por lema As cores das illas.

Ambos concursos teñen dúas categorías ou modalidades: xuvenil, para participantes de entre 10 a 17 anos; e adultos, a partir dos 18 anos. O prazo de presentación dos traballos finaliza o vindeiro día 21 de decembro.

A temática dos relatos deberá estar relacionada cos valores e o patrimonio do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia, como a súa flora e fauna, paisaxe, tradición, lendas e historias sobre os distintos arquipélagos que constitúen o Parque Nacional.

Os relatos deberán enviaranse baixo pseudónimo, ben por correo ordinario (Parque Nacional dás Illas Atlánticas de Galicia. Rúa Oliva 3, Vigo 36202) ou por e-mail áo enderezo iatlanticas@xunta.es.

Indicarase o concurso no que se participa e no caso do e-maill, debe axuntarse un documento Word, o nome de arquivo será o pseudónimo con que se asina o relato. No corpo da mensaxe indicarase o mesmo pseudónimo e os datos de identificación do autor (nome, idade, enderezo, teléfono, DNI).

Si se envía a unha á dirección postal, no interior do sobre, deberá incluírse a información seguinte nun sobre pechado: pseudónimo, título do relato; datos persoais do autor (Nome, DNI, idade, enderezo, teléfono de contacto e dirección de e-mail, si a ten). Independentemente da modalidade de envío, para os menores de idade, será necesario, ademais, o nome do pai/nai ou titor que apoie a súa candidatura cun número de teléfono de contacto.

Relatos

O III concurso de relatos do Parque Nacional Historia, tradicións e lendas nas illas poderán presentarse textos orixinais en galego ou castelán. O xurado avaliará a calidade, orixinalidade narrativa, ritmo e creatividade. Así mesmo, establécense dúas modalidades: unha de relatos curtos, cunha extensión mínima de 900 palabras e máxima de 1.500; e outra de microrrelatos, cun máximo de 500 palabras.

Cada participante poderá concursar cun relato inédito para cada modalidade e que non fora premiado anteriormente. Os contos terán que presentarse a dobre espazo e en letra Arial, tamaño 12 e marxes de 2,5 centímetros. O título do conto debe encabezar o manuscrito, en negriña centrado e a espazo e medio.

Establécese un gañador por cada categoría e modalidade. O xurado, composto por 5 membros, fará unha primeira selección cos 5 mellores relatos. Os membros do xurado elixirán por votación ao ganador de entre os escritos.

Os galardóns consistirán nunha visita ao Parque Nacional e un lote de material divulgativo relacionado cos espazos protexidos. Ademais, editarase un libro cos relatos gañadores e os seleccionados de cada categoría, entregándolle cinco exemplares da publicación ás persoas gañadoras, tres aos clasificados e un a cada participante.

As cores das illas

A cuarta edición do concurso fotográfica Unha mirada as túas illas invita á participación de fotógrafos profesionais ou afeccionados, que desexen captar as cores que mostran as Illas Atlánticas de Galicia que reflicten a diversidade da vida, a cultura e as paisaxes dos distintos arquipélagos.

No caso da modalidade de adultos establécense dúas categorías de participación, Flora e fauna, poderán achegarse fotografías cuxo tema principal sexan especies autóctonas de animais e/ou plantas; Paisaxe e tradición, traballos cuxo elemento predominante sexa a paisaxe e/ou as actividades humanas tradicionais que se dan dentro do Parque Nacional. Para a modalidade xuvenil establécese unha única categoría, na que se achegarán fotografías que teñan como elemento principal as diversas cores que mostran as Illas.

Os participantes poderán presentar un máximo de dúas fotografías (unha para cada categoría) por participante adulto e unha para a modalidade xuvenil. As fotografías que se presenten deben ser inéditas e só se poderán presentar fotografías en formato dixital.

Admítense fotografías en cor e fotografías en branco e negro, que deberán presentarse en formato JPEG, cun tamaño máximo de 1.024 pixeles en lado maior, nunca superando os 4 MB. As fotografías presentaranse a sangue, non se admiten marxes, marcos, bordos ou elementos similares. Permítese a imprescindible edición dixital incluíndo os parámetros de luminosidade, contraste, saturación, ton, enfoque e balance de brancos. Non se poderán engadir ou eliminar elementos que modifiquen a composición orixinal. Permitiranse recortes e nivelados da imaxe de ata un 25%. Non se admiten virados, HDR…

Haberá dous premios (1º e 2º) por cada modalidade e categoría. O xurado fará unha selección das 5 mellores imaxes por modalidade e categoría e elixirase mediante votación ao gañador entre os seleccionados.

O fallo realizarase tendo en conta a calidade, orixinalidade e creatividade das fotografías seleccionadas.

O primeiro premio en cada unha das categorías da modalidade de maiores de 18 anos consistirá nunha ruta dun día para o premiado e un acompañante polas Illas do Parque Nacional a bordo dunha embarcación tradicional-histórica. Ao igual que na modalidade xuvenil, que gozará dunha ruta dun día para o premiado e os seus proxenitores ou titor legal, polas Illas do Parque Nacional, a bordo dunha embarcación tradicional-histórica.

Os segundos premios consistirán nun lote de publicacións sobre o Parque Nacional, adecuadas á modalidade e categoría á que se presentaron os autores.

 

Documento/s relacionados
  • Cartel concurso relatos 2017 (19.08.2017) Descargar
  • Cartel concurso fotografías 2017 (19.08.2017) Descargar

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es