CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente falla o concurso fotográfico para celebrar o vixésimo aniversario da declaración do Parque Natural das Fragas do Eume

O xurado seleccionou tres imaxes e os internautas tamén seleccionaron tres fotografías para poñer en valor o bosque atlántico mellor conservado de Europa

Trátase dunha iniciativa para a promoción e posta en valor deste espazo natural

  • Imaxe premiada
  • Imaxe premiada
  • Imaxe premiada
  • Imaxe premiada
  • Imaxe premiada
  • Imaxe premiada

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio vén de fallar o concurso fotográfico para conmemorar o vixésimo aniversario da declaración do Parque Natural das Fragas do Eume.

Para celebrar esta cita invitouse a todos os visitantes e afeccionados a enviar as súas mellores fotografías a través da páxina de facebook Galicia Natural e Única, para compartir as imaxes do bosque atlántico mellor conservado de Europa.

Os internautas podían seleccionar cos seus votos as tres mellores imaxes e o xurado tamén escolleu tres fotografías, que puxeran en valor a riqueza deste enclave natural. Os seis premiados terán a oportunidade de realizar unha visita guiada por este espazo senlleiro ou por calquera dos outros cinco parques naturais de Galicia. As tres fotos máis votadas foron as presentadas por Jesús Fernández Ugarte (1V), Lorenzo GS (2V) e Marcos García (3V). O xurado destacou os traballos presentados por Javier Calvo Vázquez (1X), Pablo Molares Marin (2X) e Anxo Lopez Ardao (3X).

Con esta iniciativa, buscase promocionar o patrimonio natural e cultural das Fragas do Eume a través das redes sociais, que é unha das medidas recollidas no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural de Galicia, posto en marcha polo Goberno galego, que conta cun investimento de catro millóns de euros e contempla 29 actuación específicas.

Estas actuacións camiñan na senda marcada por dous dos eixes que define o Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural, como é a promoción e comunicación do patrimonio, a través dos medios de comunicación, da presenza en feiras ou da elaboración de novos paquetes turísticos. Tamén se vén realizando un esforzo importante para reforzar a presenza do patrimonio natural nas novas tecnoloxías, grazas a aplicación Parques naturais e á web.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es