CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente aposta polos valores naturais dos parques de Galicia para fomentar o turismo diferenciado e atractivo

A directora xeral de Patrimonio Natural visitou esta mañá unha das accións para a promoción da Rede de parques naturais de Galicia

Recorda que esta medida está recollida no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural, que foi presentado en Fitur e percorreu outras feiras nacionais como o FIO-Extremadura ou a B-Travel

  • A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, visitou esta mañá unha nova acción que se levará a cabo no mes de agosto, para a promoción da Rede de Parques Naturais de Galicia
  • A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, visitou esta mañá unha nova acción que se levará a cabo no mes de agosto, para a promoción da Rede de Parques Naturais de Galicia

Vigo, 8 de agosto de 2017.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio aposta por divulgar os valores naturais dos parques de Galicia para fomentar un turismo diferenciado e atractivo; ao tempo que se dan a coñecer os valores e características que fan destes enclaves destinos únicos.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, visitou esta mañá unha nova acción que se levará a cabo no mes de agosto, para a promoción da Rede de Parques Naturais de Galicia, onde tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López Chaves.

Sinalou que, ao longo deste ano, déronse pasos para impulsar a posta en valor dos recursos naturais galegos, como elementos tractores de turismo no marco do desenvolvemento sostible, a protección e o aproveitamento racional do ecosistema. Así, esta estratexia de posta en valor do patrimonio natural céntrase en difundir os valores naturais da Comunidade Autónoma como un destino diferenciado e atractivo para os viaxeiros con inquedanzas polo contacto coa natureza.

A iniciativa prevé a instalación dun stand para a promoción da Rede de Parques Naturais de Galicia, accesible ao público en xeral e para a posta en valor da imaxe e a proposta de desenvolvemento turístico en consonancia coa oferta do territorio. Neste espazo expositivo ofrécese información sobre os parques naturais de Galicia como grandes reclamos naturais do noso patrimonio natural.

A directora recordou que Galicia conta con seis xoias emblema, como son o Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, Baixa Limia Serra do Xurés, O Invernadeiro, Serra da Enciña da Lastra, Monte Aloia, e as Fragas do Eume; aos que hai que sumar o Parque Nacional Illas Atlánticas, que se configura como un auténtico paraíso insular de Galicia. Non obstante, estes enclaves contan coas súas figuras de protección, que teñen en conta a beleza das súas paisaxes e a representatividade dos seus ecosistemas así como uns valores educativos e científicos merecedores da declaración como parques.

Por último, a directora recordou que este tipo de iniciativas están recollidas no Plan de promoción e posta en valor do patrimonio natural, que foi presentado en Fitur e percorreu outras feiras nacionais como o FIO- Extremadura ou a B-Travel.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es