CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Meteogalicia mellora a súa web mediante a creación dunha ferramenta para a produción de contido audiovisual a medida

Trátase dun novo servizo que permitirá aos usuarios seleccionar imaxes proporcionadas polas 19 cámaras que o servizo de observación e previsión meteorolóxica da Xunta ten distribuídas pola xeografía galega

O servizo pode resultar de moita utilidade para entidades públicas e ou privadas interesadas en crear contidos informativos máis atractivos para os seus sitios e aplicacións web

Esta ferramenta preséntase con dúas modalidades, isto é, un panel de cámaras personalizado para usuarios en xeral e un sistema de visualización máis sofisticado para expertos

Deste xeito, mellóranse o servizo de visualización de imaxes que ata momento mostraban as cámaras dunha en unha e con opción a dúas animacións

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017.- Meteogalicia mellora a súa web mediante a creación dunha ferramenta para a produción de contido audiovisual a medida. Trátase dun novo servizo que permite aos usuarios seleccionar as imaxes proporcionadas polas 19 cámaras do servizo de observación e previsión meteorolóxica distribuídas pola xeografía galega e obter información visual sobre as condicións climatolóxicas e o aspecto que presenta un lugar nun momento determinado.

Así, esta mellora posibilitou a posta en funcionamento dunha nova ferramenta con dúas modalidades, por unha banda, un panel de cámaras personalizado para usuarios en xeral, e, por outra banda, un sistema de visualización máis sofisticado para persoal experto. No caso da primeira opción, as persoas que o desexen poden seleccionar o contido dunha ou varias cámaras e, a través dun único enderezo web, acceder á información que se mostrará ciclicamente e durante un breve período de tempo. Para acceder a este servizos prema aquí.

Pola contra, os usuarios expertos contarán cun sistema de visualización máis sofisticado que poderán envorcar nos seus sitios e aplicacións web co fin de ofrecer contidos de información meteorolóxica máis atractivos. Para este caso, empregarase unha tecnoloxía denominada JSON, que, co mesmo carácter personalizado, poderá seleccionar o tipo de imaxes que máis se adapten ao seu proxecto. A estas ferramentas pode accederse premendo aquí.

En definitiva, un ferramenta que xa está dispoñible na páxina de Meteogalicia e pode resultar de moita utilidade a entidades privadas e ou públicas que queiran complementar os seus servizos web. Ademais, supón un salto cualitativo en canto á información que ata este momento se ofrecía desde o servizo de observación de Meteogalicia, pois mostraba as imaxes das cámaras unha a unha e con opción a dúas animacións.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es