CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Beatriz Mato mantén unha reunión con Íñigo de la Cuadra-Salcedo, promotor da Ruta Quetzal

  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo esta mañá unha reunión con Íñigo de la Cuadra-Salcedo

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mantivo esta mañá unha reunión con Íñigo de la Cuadra-Salcedo, representante da iniciativa educativa da Ruta Quetzal, na que analizaron posibles vía de colaboración.

No encontro, de la Cuadra-Salcedo presentou á conselleira un proxecto de educación ambiental, relacionado co coidado do medio mariño e a astronomía. Mato Otero indicoulle que a consellería analizará a posibilidade de incorporar parte desta iniciativa á planificación do departamento que dirixe, dado que as iniciativas educativas que levan o selo da Ruta Quetzal, gozan de sona non só a nivel nacional, senón tamén mundial e de feito foron recoñecidas pola Unesco.

A conselleira de Medio Ambiente destacou que son proxectos que buscan consolidar entre a mocidade os cimentos da comunidade iberoamericana, aprendendo valores culturais e de aventura, ao tempo que se fomentan actitudes en prol do coidado e respecto do medio ambiente e o coidado da natureza.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es