CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta acondiciona o centro de interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro e o seu entorno, en Porto de Son

A Consellería de Medio Ambiente investiu 21.000 euros na instalación de elementos interpretativos, escaleiras nos observatorios e adecuación dos accesos

O delegado territorial na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou os traballos e destacou o esforzo en intervencións singulares e lugares de excepcional valor natural

  • O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as obras de acondicionamento do Centro de Interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro
  • O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as obras de acondicionamento do Centro de Interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro
  • O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as obras de acondicionamento do Centro de Interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro

Porto do Son (A Coruña), 4 de decembro de 2017.- O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou esta mañá as obras de acondicionamento do Centro de Interpretación das Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro e o seu entorno, no concello de Porto de Son, acompañado polo alcalde, Luis Oujo, e pola xefa territorial da Consellería de Medio Ambiente, Cristina Carrión. A actuación, de algo máis de 21.000 euros, está cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020

As Lagoas de Xuño e San Pedro de Muro teñen un alto valor ambiental e están situadas na Praia de Areas Longas, entre o Cabo de Teira e a desembocadura do río Sieira. Conforman dúas lagoas costeiras que están separadas do mar por un cordón de dunar, presentando como principal característica diferenciadora entre elas o seu grao de salinidade, sendo a Lagoa de Xuño de auga doce e a de San Pedro de Muro de auga salobre. Esta característica vai a ser determinante no tipo de vexetación e fauna asociada a cada unha delas.

As actuacións previstas consisten na instalación de elementos interpretativos nas Lagoas de Xuño e San Pedro, instalación de escaleiras nos observatorios de aves, instalación de sinalización nas estradas de acceso, e sinalización e adecuación dos accesos e dos camiños que unen o Centro de Interpretación coas lagoas.

Ovidio Rodeiro sinalou que “esta intervención demostra que o compromiso da Xunta de Galicia co coidado e a preservación de lugares de excepcional valor natural non sempre precisa de grandes investimentos”, e destacou “a incrible beleza desta zona na que é común observar especies como parrulos, garzas, mazaricos, e mesmo a píllara”. O delegado territorial manifestou que “é evidente que Corrubedo leva a fama, pero que este é un recuncho do Barbanza que merece ser descuberto e, por suposto, mimado e preservado”.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es