CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O Plan reitor de usos e xestión do Parque das Illas Atlánticas proporá estratexias que xeren tecido empresarial compatible coa conservación

A directora xeral de Patrimonio Natural avanza que se deseñará un programa de axudas para crear iniciativas económicas competitivas e se elaborará un programa de mantemento de actividades tradicionais compatibles co Parque

Indica que estas propostas formarán parte dun Plan de desenvolvemento Sostible, no que se fixarán criterios de elección en función da situación socioeconómica dos concello da contorna do parque
 

  • A directora xeral de Patrimonio Natural avanza que se deseñará un programa de axudas para crear iniciativas económicas competitivas e se elaborará un programa de mantemento de actividades tradicionais compatibles co Parque
  • A directora xeral de Patrimonio Natural avanza que se deseñará un programa de axudas para crear iniciativas económicas competitivas e se elaborará un programa de mantemento de actividades tradicionais compatibles co Parque

Ribeira (A Coruña), 4 de decembro de 2017.- O futuro Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia recollerá estratexias e ferramentas que xere tecido empresarial que seca compatible coa necesaria conservación dos valores que albergan as distintas illas do Parque Nacional.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Ana María Díaz, mantivo esta tarde unha reunión co alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas, e os axentes económicos e sociais da zona de Ribeira, para informarlles do contido do documento de inicio do Plan Reitor de Usos e Xestión do Parque Nacional e aos que lles indicou que todas estas propostas formarán parte do Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS).

Tal e como explicou a directora xeral, a elaboración do PDS plasmaranse unha serie de accións transversais que permitirán integrar axeitadamente factores económicos e sociais na conservación do patrimonio natural e da biodiversidade. O desenvolvemento do PDS realizarase ao longo do período de vixencia do Plan Reitor de Uso e Xestión, debéndose rexer a súa redacción polo obxectivo de asegurar a integración do Parque Nacional co seu ámbito. Para iso desenvolveranse liñas específicas de colaboración e apoio.

Tamén se establecerán criterios de elección tendo en conta a situación socioeconómica dos municipios, para a aplicación de actividades de desenvolvemento sostible a incentivar nas áreas de influencia socioeconómica do Parque, así como os mecanismos para a divulgación dos resultados, ao obxecto de lograr un efecto demostrativo.

A proposta da Consellería de Medio Ambiente tamén recollerá dentro do PRUX, o desenvolvemento dun programa de axudas e subvencións a institucións públicas e privadas entre as poboacións das áreas de influencia socioeconómica, ao obxecto de crear iniciativas económicas competitivas que xeren tecido empresarial; así como a elaboración dun programa de mantemento de actividades tradicionais compatibles no Parque, como parte da estratexia de conservación dos seus valores naturais e culturais.

Programa de actuacións

O Plan de Desenvolvemento Sostible inclúese dentro dun programa básico de actuación no que se analizan aquelas materias nas que é competente o presente documento, preparados e financiados pola Conselleria competente en materia do Patrimonio Natural, despois de ser consultado o Padroado do Parque Nacional. Estes programas básicos de actuación agrúpanse por unidades temáticas relativas ao seu contido básico nos seguintes epígrafes:

1.- Programa de conservación da biodiversidade e a paisaxe
2.- Programa de investigación, seguimento e avaliación.
3.- Programa de uso público
4.- Programa de conservación do patrimonio cultural
5.- Programa de mellora da sostibilidade e da calidade de vida
6.- Plan de Desenvolvemento Sostible.

Deste xeito, os programas abranguen as liñas de traballo formuladas como obxectivos na programación económico e financeira. O Plan de Desenvolvemento Sostible (PDS), pola súa banda, incorpora a formulación dun conxunto máis amplo de accións transversais que vincularán a outras Consellerías e órganos da Comunidade Autónoma.

A Xunta persegue con este proxecto o obxectivo global de manter, ou restablece, o estado de conservación favorable dos hábitats naturais e das especies de flora e fauna de interese para a conservación, tendo en conta as esixencias económicas, sociais e culturais, así como as particularidades rexionais e locais.

Coas achegas que se presenten, así como a totalidade da información que recompile a Dirección Xeral de Patrimonio Natural, elaborarase o Plan reitor que se tramitará como decreto coas súas correspondentes fases.

O PRUX será a folla de ruta na que se detallarán os obxectivos e os criterios de xestión do parque nacional, establecendo a normativa de protección, a regulación de aproveitamentos, a zonificación e as actuacións expostas para o próximos dez anos en materia de conservación, uso público, investigación, seguimento.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es