CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta entrega á Deputación de Ourense 480 novos colectores de envases lixeiros e papel/cartón para incrementar as taxas de reciclaxe

Esta actuación enmárcase no acordo entre a Consellería de Medio Ambiente e Ecoembes para fomentar a reciclaxe e ampliar a rede de puntos de recollida selectiva de envases

A delegada territorial da Xunta, Marisol Díaz Mouteira, destacou que en base a esta colaboración a provincia de Ourense recibiu un total de 686 novos colectores que supuxeron un investimento de case 170.000 euros
 

Ourense, 8 de xaneiro de 2018.- A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, participou esta mañá na entrega á Deputación provincial de 480 novos colectores para incrementar nos concellos da provincia ourensá as taxas de reciclaxe de envases lixeiros e de papel/cartón (450 de envases lixeiros e 30 de papel/cartón). A Deputación ourensá encargarase de distribuír estes colectores polos concellos da provincia que así llo solicitaran.

Trátase dunha actuación que se inscribe no convenio marco entre a Xunta de Galicia e Ecoembes, organización medioambiental sen ánimo de lucro, para ampliar a rede de puntos de recollida selectiva de envases de plástico, latas e briks (colector amarelo) e de envases de papel e cartón (colector azul) na Comunidade galega e cuxa vixencia se prolongará ata o vindeiro ano 2021.

Con esta acción ponse de manifesto o importante compromiso, tanto por parte da Administración galega como por Ecoembes, por fomentar a reciclaxe e concienciar aos cidadáns sobre a importancia que ten para o medio ambiente separar os envases e depositalos no colector adecuado.

O acto contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e do representante de Ecoembes en Galicia. Bruno Llano.

Díaz Mouteira lembrou que en base a esta colaboración entre Medio Ambiente e Ecoembes as entidades de Ourense beneficiarias deste reparto -que ademais da institución provincial son os concellos de Allariz, Barbadás, Barco de Valdeorras, Piñor e Ourense capital así como a Mancomunidade do Ribeiro- reciben un total de 686 contenedores, dos que a gran maioría se destinarán, segundo as solicitudes recibidas, á recollida de envases lixeiros (602) e os outros (84) para papel e cartón. A máxima representante do Goberno galego na provincia ourensá informou que a iniciativa supón un investimento de case 170.000 euros.

Acadar unha boa xestión dos residuos é unha prioridade para a Xunta de Galicia, que aposta por diferentes iniciativas para fomentar a reciclaxe en función do tipo de residuos.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es