CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente estudará varios proxectos para mellorar o saneamento e a calidade das augas fluviais no concello de Melide

  • A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato Otero, e a alcaldesa de Melide, Dalia García, mantiveron unha reunión

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2018.- A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato Otero, e a alcaldesa de Melide, Dalia García, mantiveron unha reunión de traballo na que analizaron varios proxectos e obras de interese municipal en materia de saneamento e mellora da calidade das augas fluviais do concello.

Concretamente, falaron dos traballos para a conexión do polígono coa EDAR de Melide e da situación actual da zona de baño no río Furelos. Neste sentido, a rexedora expuxo a necesidade de acometer algunha tipo de actuación na praia fluvial co fin de mellorar a calidade das augas na zona, unha petición que a conselleira de Medio Ambiente se comprometeu a estudar con Augas de Galicia.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es