CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente destina 380.000 euros a axudas para axudas paliar os danos ocasionados por ataques de lobo

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde pola que se regulan as subvencións que compensarán os ataques rexistrados entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro do presente ano

Destaca desta convocatoria o incremento dun 6% do orzamento e a inclusión dos concellos nos que que se teñen producido ataques reiterados nos últimos anos, comprendendo polo tanto as zonas máis conflitivas
 

Santiago, 20 de xaneiro de 2017.- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe (http://bit.ly/2hTRX9S) a orde pola que se convocan as axudas do ano 2017 para paliar os danos ocasionados por ataques de lobo. O importe da orde ascende a case 380.000 euros (379.958) e supón un incremento dun 6% respecto do importe da anterior convocatoria.

Estas subvencións están dirixidas aos titulares de actividades gandeira afectados polos ataques do lobo ás reses das súas explotacións, coa finalidade de compensar os danos ocasionados no seu gando, sempre que os danos procedan de ataques que non podan evitarse polo tipo de gando ou polo sistema de explotación. Poderán solicitar estas axudas os titulares de explotacións gandeiras que resultan prexudicadas por un ataque rexistrado entre o 1 de outubro de 2016 ata o 30 de setembro do actual exercicio.

As contías concedidas son en función das especies afectadas e tramos de idade, que oscilan entre os 26€ (ovino adulto ≥ 6 anos) e os 1.635€ (vacún de raza autóctona ≥2 anos e < 6 anos). Estas calcúlanse en base a un baremo e poden incrementarse os importes nun 30% en determinados concellos , que se corresponden con aqueles incluídos na Zona 1 do Plan de Xestión da especie e, como novidade, a orde convocatoria deste ano inclúe así mesmo aqueles outros concellos nos que se teñen producido ataques reiterados nos últimos anos, comprendendo polo tanto as zonas máis conflitivas. En total son 74 concellos. (Ao final da nota indícase un cadro con concellos beneficiados).

A tramitación das axudas segue un protocolo rigoroso que inclúe desde unha inspección no campo ata a valoración do dano para a concesión da axuda, a través dun órgano que é a comisión provincial de valoración (formada por técnicos e axentes medio ambientais, asesores externos expertos, como biólogos e veterinarios, e representantes do sector gandeiro).

Balance de 2016
A orde de axudas convocadas hoxe vai na liña das axudas de 2016, convocatoria na que 800 beneficiarios viron compensados os danos provocados por esta especie animal, grazas a habilitación dun orzamento de 358.958 euros.

Con respecto a número global de reses afectadas, neste período, os datos revelan que en 2016 foron 1.573 reses, fronte ás 1.466 reses no 2014, e as 1.258 en 2015. Por especies, no mesmo período 2014-2016, o ovino segue a ser o máis afectado (con 2.449 reses), seguido do gando vacún (1.040 reses), equino (420 reses) e cabrún (388).
O lobo mantén unha poboación abundante na xeografía galega.Os últimos traballos de censado da especie arroxan o dato de presenza de 90 grupos reprodutores (mandas), dos que 14 serían compartidos con outras comunidades autónomas e Portugal (3 con Asturias, 6 con Castela-León e 5 con Portugal).

Estas poboacións concéntranse sobre todo na dorsal galega e nas zoas orientais de montaña de Lugo e Ourense. A súa presenza nos nosos montes non só é un expoñente da nosa biodiversidade senón, ademais, un elemento destacado no equilibrio biolóxico do medio no que se desenvolve. Na actualidade, a presenza do lobo ocupa unha ampla zona do territorio galego.

As súas necesidades alimenticias entran ás veces en conflito cos intereses do sector gandeiro, que sofre a depredación que ocasionalmente realiza sobre o gando, o que produce unha importante conflitividade social.

Nese sentido, desde o ano 2004, co fin de conciliar o interese pola pervivencia da especie coa viabilidade das actividades gandeiras, a Xunta de Galicia ten posta en marcha unha liña de axudas, de carácter compensatorio, para reparar os danos ocasionados sobre o gando vacún, ovino, cabrún, equino e porcino de Galicia, sempre que os danos procedan de ataques que non podan evitarse polo tipo de gando ou polo sistema de explotación.
 

 
A CORUÑA
LUGO
OURENSE
PONTEVEDRA
Aranga

As Pontes de García Rodríguez

Curtis
Dumbría
Mazaricos
Melide
Monfero
Muxía
Ortigueira

Santiago de Compostela

Sobrado dos Monxes

Toques
Vimianzo
 
Abadín
Alfoz
A Pastoriza
Baralla
Cervantes
Chantada
Cospeito
Friol
Guitiriz
Láncara
Mondoñedo
Monterroso
Muras
O Saviñao
O Corgo
O Incio
O Páramo
O Valadouro
Outeiro de Rei
Ourol
Pol
Riotorto
Samos
Triacastela
Vilalba
Xermade
 
Allariz
A Bola
A Teixeira
Avión
Baltar
Bande
Beariz
Calvos de Randín

Carballeda de Avia

Cualedro
Entrimo
Lobeira
Lobios
Maceda
Melón
Montederramo
Muíños

Nogueira de Ramuín

O Bolo
Os Blancos
Rairiz de Veiga
Viana do Bolo
Vilar de Barrio
Vilar de Santos
Xinzo de Limia
 
A Cañiza
A Estrada
A Lama
Cerdedo
Covelo
Cuntis
Forcarei

Fornelos de Montes

Lalín
Valga
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es