CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Augas de Galicia licita a redacción do proxecto para completar a rede de saneamento de Cee-Corcubión por case 140.000 euros

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o contrato que conta con fondos do Programa Operativo Europeo Feder 2014/2020

Trátase dunha actuación recollida no Plan de Saneamento da Ría de Cee-Corcubión, realizado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio
 

Santiago, 7 de marzo de 2018.- Augas de Galicia licita hoxe a redacción do proxecto que permitirá completar a rede de saneamento e mellorar a situación das augas da Ría de Cee-Corcubión. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o contrato para a redacción dos estudos de viabilidade, anteproxectos e proxectos construtivos que definan en obras concretas das actuacións que se considera necesario a realizar, a partir das alternativas contempladas neste Plan de Saneamento Local da ría de Cee-Corcubión para estes dous concellos que comparten sistema de saneamento e depuración. O importe do contrato ascende a case 140.000 euros

Especificamente o proxecto que se pretende redactar quere definir a nivel construtivo a mellora do colector interceptor de Cee, determinando a necesidade de completar a rede con infraestruturas de acumulación en tempo de choiva para compatibilizar o seu funcionamento co da Edar existente. Incluirase tamén a definición de actuacións nos bombeos secundarios da rede que na actualidade presentan un funcionamento anómalo. Ademais deste proxecto contrátase un estudo de viabilidade e alternativas para a mellorar a Edar existente.

A Xunta de Galicia definiu o Plan de Saneamento da Ría de Cee-Corcubión, co que se obtivo un diagnóstico da rede de saneamento e depuración destes concellos. Nesta análise reveláronse as distintas carencias que afectaban tanto ao funcionamento das redes como as carestías nos tratamentos das augas residuais urbanas e identificáronse posibles actuacións de mellora nas infraestruturas existentes ou de ampliación das mesmas para solucionar os problemas máis importantes.

Este contrato está financiado ao 80% con fondos do Programa Operativo Europeo Feder 2014/2020.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es