CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente reúne hoxe á mesa sectorial do sector agrícola, forestal e gandeiro para a elaboración da estratexia galega de cambio climático e enerxía 2050

A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático celebra o primeiro dos seis encontros organizados por sectores, co obxectivo de presentar unha diagnose de situación deste fenómeno global e recompilar suxestións dos distintos ámbitos

Estas mesas dan continuidade á acto de presentación do inicio dos traballos da estratexia galega, ao que se invitou ao conxunto da sociedade galega para implicalos na redacción desta folla de ruta
 

Santiago, 13 de marzo de 2018.- A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio celebra hoxe a primeira das seis mesas sectoriais de traballo para avanzar na elaboración da Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050, que será o instrumento planificador da Xunta de Galicia para o desenvolvemento das grandes liñas de actuación na loita fronte ao cambio climatico. Así hoxe mesmo celebrouse na sede do Mupega unha mesa sobre as incidencias deste fenómeno mundial no sector agrícola, forestal e gandeiro.

O obxectivo de cada mesa é presentar unha diagnose de situación do cambio climático en Galicia e recompilar suxestións de todos os sectores afectados por este fenómeno, coa finalidade de desenvolver analizar cada un dos bloques de actuación en cambio climático. A celebración das mesas establecida é:
 
Mesa sectorial
Data
Hora
Lugar
Agrícola, forestal e gandeiro
13 de marzo
 
 
 
 
10:30
Mupega
Enerxía e industria
15 de marzo
Egap
Biodiversidade e medio ambiente
 
20 de marzo
Egap
Medio mariño e pesca
Egap
Mobilidade e transportes
21 de marzo
Egap
Territorio e servizos
22 de marzo
Mupega
 

A convocatoria destas mesas búscase obter toda a información susceptible de ser incluída no documento que poida ser aportada a nivel institucional (consellerías, concellos, universidades, ...) ou a niveis máis específicos (centros de investigación, empresas, asociacións...).

A celebración destes encontros sectoriais da continuidade ao traballo iniciado o pasado ano, coa presentación do inicio dos traballos de redacción da estratexia, no que se invitou á sociedade galega de cara a incluír a maior parte de inquedanzas dos diferentes sectores en relación ao cambio climático, nun marco eminentemente participativo.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es