CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Cores Tourís comproba as obras de mellora do sendeiro entre o río Deva e a praia de San Xoán en Arbo

O delegado territorial destacou os case 24.000 euros que a Consellería de Medio Ambiente destinou a esta obra co fin de garantir unha interacción equilibrado entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais

Arbo (Pontevedra), 16 de maio de 2018.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá o concello de Arbo co obxectivo de comprobar as obras de acondicionamento e mellora do sendeiro entre o río Deva e a praia de San Xoan, realizadas pola Consellería de Medio Ambiente.

O delegado estivo acompañado do alcalde da localidade, Horacio Gil, así como do xefe territorial de Medio Ambiente en Pontevedra, José Manuel González.

Os traballos, que contaron cun orzamento que roldou os 24.000 euros, tiveron como obxectivo mellorar o carácter de utilidade pública deste sendeiro co fin de garantir unha interacción equilibrada entre o seu uso e a conservación dos seus valores naturais, en particular, aqueles relacionados cos hábitats e coas especies de intereses comunitario prioritario, como a Alnus glutinosa ou a Fraxinus excelsior.

O sendeiro percorre a zona de servidume da marxe dereita do río Deva, dende a praia fluival de San Xoán ata a Ponte Internacional. “O tramo entre esta ponte e o viaducto do ferrocarril está en boas condicións polo que non se actuou sobre o mesmo”, explicou Cores Tourís, quen engadiu que, “sen embargo, foi necesario mellorar o percorrido entre este viaduto e a praia fluvial de San Xoán, que se atopaba impracticable debido a abundante vexetación e o irregular terreo”.

As actuacións consistiron en roza manual do trazado, mellora da caixa do camiño, instalación dunha pasarela de madeira e de escaleiras, a construción dun muro de cachotaría para estabilizar o camiño e a instalación dun panel interpretativo con toda a información relativa ao sendeiro.

En total, leváronse a cabo labores de roza ao longo de 700 metros, nunha franxa variable de entre 2 a 4 metros, empregándose ferramentas naturais porque a orografía non permitiu o emprego de maquinaria. Ademais, tamén se executaron traballos manuais de mellora da caixa do camiño con rasanteo de terras, nivelación e compactación.

Por outra banda, realizouse o acondicionamento, nalgunha zonas do sendeiro mediante a construción de infraestruturas de madeira tratada. Nos lugares no que o terreo era irregular e non permitía avanzar con seguridade construíronse pasarelas e escaleiras, e varandas de madeira que garantan a seguridade dos usuarios nos puntos con risco de caídas a distinto nivel.

Nun tramo do camiño, o noiro inferior era inestable, o que motivou que se construíra un muro de cachotaría de 5 metros e 1 metro de alto que servise de soporte do camiño. Finalmente, instaláronse dous paneis interpretativos en ambos extremos do percorrido definindo as súas características, un deles no miradoiro situado baixo a Ponte Internacional e outro na praia de San Xoán.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es