CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A Xunta invita á sociedade a sumarse a unha das 22 batidas de limpeza ‘1m2 pola naturaleza’ para mitigar o impacto do lixo nos espazos naturais

A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático presentou esta mañá esta actuación que terá lugar o vindeiro 16 de xuño e que está dentro do proxecto ‘Libera: Natureza sen basura’

Trátase dunha gran recollida colaborativa anual para liberar á natureza de lixo ao tempo que se une e conciencia ás persoas na necesidade de evitar este tipo de ataques ambientais nas contornas naturais

Cruz Ferreira indica que esta é a segunda vez que se celebra esta acción en Galicia e espera que se superen os case 160 voluntarios da anterior edición

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018.- A Xunta de Galicia apela ao apoio da sociedade galega para que o vindeiro día 16 de xuño as 22 batidas de limpeza da iniciativa 1m2 pola natureza sexan un éxito e se avance un paso máis na mitigación do impacto do lixo nos espazos naturais. Así o trasladou esta mañá a directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira Costa, quen destacou que a Xunta de Galicia apoiará esta iniciativa que se enmarca dentro do proxecto Libera: Natureza sen basura, posto en marcha por SEOBirdLife e Ecoembes, para loitar contra un fenómeno que se pode denominar “basuraleza”.

A directora xeral destacou que o abandono e a acumulación de lixo nas contornas naturais converteuse nun problema xeneralizado, que ten un impacto negativo para a conservación do medio ambiente que nos rodea e, en consecuencia, no planeta.

Indicou que ante esta situación a parálise non é unha opción, polo que hai que verbalizar esta catástrofe ambiental e liberar á natureza estudando o seu impacto no medio e xerando un cambio nas condutas da cidadanía. A directora xeral sinalou que o Goberno galego quere participar nesta resposta e por iso sumará esforzos na loita contra a “basuraleza” e apoiará as accións que se leven a cabo dentro de Libera, para abordar este problema ambiental que tamén afecta ás contornas naturais de Galicia.

Neste sentido, salientou que unha primeira mostra de compromiso é a participación nas batidas de limpeza que se celebrarán o vindeiro sábado 16 de xuño, unha gran recollida colaborativa anual para liberar á natureza de lixo. Ao final desta nota de prensa indícase unha táboa coas vintedúas batidas organizadas en Galicia.

Así, as persoas interesadas poden inscribirse nalgunha das batidas previstas ata o vindeiro día 15 a través da web www.proyectolibera.org. A directora explicou que a divulgación desta actividade e accións a través das redes sociais ou entre a nosa contorna social é outro xeito de colaborar, porque divulgar o patrimonio natural é outra ferramenta válida para conservalo.

Galicia comprometida con Libera

A directora xeral destacou que a sociedade galega xa deu mostras do compromiso con este proxecto o pasado ano, a primeira edición en Galicia, na que participaron case 160 voluntarios que saíron a retirar lixo nas contornas terrestres, mariñas e fluviais.

Grazas ao esforzos destes voluntarios conseguiuse limpar sete puntos da comunidade, como o Parque Botánico de Montealegre en Ourense; a Praia da Madalena en Pontedeume ou o Merendero de Ois, no Concello de Culleredo; e recolleuse unha media de 176 quilos de lixo, entre os que se atoparon residuos como cabichas, en segundo lugar toalliñas húmidas, e en terceiro lugar, envoltorios.

Tamén ao longo do ano pasado levouse a cabo a campaña 1m2 polo campo, os bosques e o monte, na que participaron 114 persoas que recolleron información dos residuos abandonados de catro puntos, no Encoro de Pontillón, no Bosque de Ribeira do río Barcés,en Abegondo, no Concello de Oia e no Parque Botánico de Montealegre, en Ourense.

Ademais, a última campaña de ciencia cidadá, 1m2 polos ríos, encoros e pantanos, congregou a 129 persoas en catro puntos. Así, durante a semana do 12 ao 18 de marzo, lograron recoller información do barranco da desembocadura do río Pedras ou a Travesía de Meicende, entre outros.

Batidas de ‘1m2 pola natureza’ organizadas na Comunidade galega para a vindeira xornada do 16 de xuño:
 

Batida, Concello
Punto encontro
Horario
Praia da Magdalena, Cabanas
Aparcamento buses
17:00 h

Ría do Burgo, O Temple Coruña

Na Praza Xoan Carlos II, nas inmediacións da Ría do Burgo

17:00 h

Paseo de Coroso, Ribeira

Ao inicio do Paseo

10:00 h

A Coruña

Ponte do Porco, s/n

17:00 h

Praia de Bar, Arteixo

Na ponte de madeira sobre o río

10:00

Río Sar, Santiago de Compostela

Cruce de Galeras con Hortas

10:30 h

Xardíns Valle Inclán, A Pobra do Caramiñal

Nas inmediacións dos xardíns

10:00 h

Porto de Malpica, Malpica

Inmediacións das Illas Sisargas

11:00 h

Porto de Curuxeiras, Ferrol

Zona portuaria

09:30 h

 

Seoane do Courel

Estación Científica do Courel

11:00 h

Praia de Anguiera, Barreiros

No acceso ao areal

17:00 h

Praia de Covas, Viveiro

Na zona dos aseos do areal

11:00 h

 

Río Arenteiro, O Carballiño

Nas inmediacións do río

12:00 h

Concello de Maceda

No parque da piscina

10:30 h

Concello de Vilardevós

Na explanada da Capela do San Antón

10:00 h

Concello de Ourense

No Colexio Divina Pastora

09:00 h

 
 
 

Poza da Lagoa, Tramañó- Redondela

Na caseta forestal da área recreativa

11:00 h

Senda do Lagares, Vigo

No Parque de Castrelos

11:30

Praia do Muíño, A Guarda

Nas inmediacións da praia

10:00 h

Marismas de Alba, Pontevedra

Na zona das Marismas

11:00 h

Concello de Redondela

Rotonda de Rande, xunto á fonte

10:30 h

Praia de Portocelo, Marín

Nas inmediacións da praia

10:00 h

Para ampliar a información, ou formalizar a inscrición, na seguinte web: www.proyectolibera.org.

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es