CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Medio Ambiente comprométese a estudar o proxecto de recuperación e revalorización dos espazos públicos do núcleo de Corredoira, en Ramirás

A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio coñeceu o proxecto de mans do alcalde da localidade ourensá durante un encontro de traballo celebrado esta mañá en Santiago

A proposta contempla a urbanización de tres espazos comúns que vertebran o núcleo da Corredoira e que prevé a dotación dun novo pavimento, a mellora da iluminación e a instalación de mobiliario urbano
 

  • A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio reuniuse co rexidor de Ramirás

Santiago, 17 de febreiro de 2017.- A conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, mostrou o seu compromiso a estudar a proposta do alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez, para a recuperación e revalorización dos espazos públicos do núcleo da Corredoira. Beatriz Mato coñeceu o proxecto durante unha reunión de traballo que mantivo co rexedor ourensán esta mañá en Santiago.

En concreto, a proposta do Concello prevé a urbanización de tres espazos públicos que vertebran o núcleo poboacional e contempla actuacións para a mellora da pavimentación, o sistema de iluminación e a dotación de mobiliario urbano.

Precisamente, Beatriz Mato explicou ao rexedor de Ramirás que esta actuación podería encadrarse nas políticas do Goberno galego en materia de reequilibrio territorial, humanización das vilas e a cooperación da Administración autonómica e os concellos. Ademais, lembrou que o seu departamento leva meses traballando en proxectos de humanización das rúas, urbanización e mellora de espazos públicos; así como a dotación de equipamentos comúns, referidos especialmente aos de carácter cultural e social.
 

Departamentos relacionados

  • Gabinete de comunicación

  • Correo-e: prensa.mot@xunta.es