CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Actividades

XEOPORTAL

Comprende o conxunto de actuacións encamiñadas ao deseño dunha ferramenta informática que permita capturar ou introducir en soporte alfanumérico ou xeográfico os datos que son necesarios para facer diagnósticos, establecer obxectivos ou monitorizar o resultado das accións realizadas, a través dos correspondentes índices ou indicadores.

Tamén asume o cálculo dos mencionados índices ou indicadores, dende os máis sinxelos aos de maior complexidade, baseados en cálculos realizados a partir de información xeográfica, utilizando devandito soporte e admitindo a incorporación de novos indicadores definidos polos usuarios.

DESENVOLVEMENTO DE METODOLOXÍAS INNOVADORAS PARA A XESTIÓN DO TERRITORIO

Comprende as actuacións realizadas, desde a análise das referencias estratéxicas sobre desenvolvemento sustentable, e ordenación do territorio, pasando pola definición dos eixos estratéxicos así como de indicadores, o contraste da súa validez e finalmente a definición dos propios modelos. Este traballo realizouse tanto a escala supra-rexional como a escala local. Como resultado definíronse, a escala supra-rexional, as bases que se consideran estratéxicas para conseguir a sustentabilidade; a escala sub-rexional definíronse tendencias e valores dos indicadores que conforman os modelos de sustentabilidade á devandita escala.

ENSAIO SOBRE A MOBILIDADE

Actividades encamiñadas a definir a situación da mobilidade alternativa en bicicleta e a súa relación con outros medios no Norte de Portugal, así como a incorporar criterios para definir actuacións a realizar, do mesmo xeito que os técnicos para a formalización do deseño.

A formulación utilizada na busca da maior coordinación posible coa Estratexia galega para a mobilidade alternativa en bicicleta.

PORTAL DO COÑECEMENTO

O Portal do Coñecemento é unha das ferramentas do proxecto para a difusión e comunicación dos traballos realizados. O devandito Portal permite realizar un labor de concienciación acerca da necesidade de introducir a sustentabilidade tanto na xestión do territorio como na toma de decisións públicas e privadas. Así, ocúpase da difusión tanto dos conceptos máis tradicionais como das últimas investigacións e avances que se produciron no campo.

O portal céntrase en: divulgar e presentar o concepto de sustentabilidade e a necesidade de apostar por unha sociedade sustentable; incide na importancia de tomar decisións fundamentadas en criterios sustentables; facilita información acerca de boas prácticas; presenta información básica e avanzada acerca da evolución dos indicadores de sustentabilidade nas diferentes cidades; e permite a participación da cidadanía no debate sobre a sustentabilidade a través das TIC.