CMATI

|
|
|
Compartir

Adestramento

O 9 de novembro de 2017 publicouse na páxina web e no taboleiro de anuncios da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a listaxe provisional das persoas admitidas e excluídas relativo ás solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 4 de setembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para a garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. O prazo para a presentación das alegacións remata o día 23 de novembro de 2017

Información sobre adestramento

  • Rexistro galego de adestradores caninos (88Kb)
  • Orde do 16 de outubro de 2002, pola que se determinan os títulos que habilitan para a expedición directa do certificado de capacitación para o adestramento, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Resolución do 4 de setembro de 2017 (41 Kb) , da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Adestramento de cans potencialmente perigosos

  • Lei 1/1993 do 13 de Abril de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia (publicada o 22/04/1993).
  • Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade (DOG nº 107, 5/6/1998).
  • Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos. (DOG nº 63, do 2 de abril de 2002).
     

 

Documento/s relacionados
  • ACORDO do 8 de novembro de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, pola que se procede á publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas, xunto os motivos de exclusión, das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 4 de setembro de 2017, pola que se aproban as bases reguladoras que rexerán a realización das probas dirixidas á obtención do certificado de capacitación para o adestramento de cans para a garda e defensa no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. Descargar