CMATI

|
|
|
Compartir

Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade

O artigo 4 do Decreto 153/1998, do 2 de abril, polo que se aproba o regulamento que desenvolve a Lei 1/1993, do 13 de abril, de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade crea o Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade como órgano consultivo e de estudio da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade.

As funcións do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade son as seguintes:

1. Emitir informes nos casos ós que faga referencia a lexislación vixente en materia de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, cando se trate de competencias atribuídas á Xunta de Galicia ou esta as exerza por delegación.

2. Elaborar informes e dictames cando sexan solicitados por parte dos distintos órganos da Administración autonómica que teñan competencias sobre a protección dos animais domésticos e salvaxes en catividade.

3. Promover e realizar estudios de planificación e coordinación na materia.

 

  • Elección dos vogais titular e suplente representantes das  asociacións ecoloxistas galegas no Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas celebrará neste ano 2015 unha nova convocatoria do Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, creado ao abeiro do Decreto 153/1998, do 2 de abril.

 A axeitada constitución dos órganos de goberno do Consello Galego de Protección dos Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade de Galicia determina a necesidade de renovar o nomeamento dos vogais membros do Pleno do Consello, entre os que se atopan un representante das asociacións ecoloxistas galegas, recollidas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia, creado polo decreto 226/2007, do 22 de novembro.

Segundo o establecido no artigo 8.7. do Regulamento de Organización e Funcionamento do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, a Dirección Xeral de Conservación da Natureza emprazou, tanto de xeito individual como mediante un anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número 46 do 9 de marzo de 2015, ás asociacións ecoloxistas galegas inscritas no citado rexistro, co fin de poder facer efectivo o acordo entre elas que permita a designación do vogal representante no pleno do Consello, antes do 20 de marzo de 2015.

Unha vez transcorrido o prazo establecido sen terse recibido a comunicación deste acordo e ao abeiro do establecido no artigo 8.7. do Regulamento de Organización e Funcionamento do Consello Galego de Protección de Animais Domésticos e Salvaxes en Catividade, a Direccióon Xeral de Conservación da Natureza convocou, mediante anuncio no DOG o 13/04/2015, a todas as asociacións e entidades recollidas no Rexistro de Entidades de Carácter Ambiental de Galicia o día 16 de abril de 2015 na aula 5 da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Rúa Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela, en horario de 16:00 a 18:00 para a elección dos vogais titular e suplente que os represente no Pleno do citado Consello.