CMATI

|
|
|
Compartir

Identificación con microchips e veterinarios/as actuantes

A identificación individual con microchip é obrigatoria para:

  • Todos os animais potencialmente perigosos desde xullo de 2002.
  • Todos os cans desde xullo de 2003.

A identificación dos cans e dos animais considerados como potencialmente perigosos está regulada no artigo 5º do Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia.


A identificación definitiva supón a marcaxe con microchip e o procesamento informático dos datos relativos á marcaxe. O microchip asigna ao animal un código de identificación individual que permite diferencialo doutro, relacionando a súa propiedade cunha persoa física ou xurídica.

Os datos almacénanse nun sistema informático responsable da emisión e control dos códigos de identificación. A base de datos actúa como rexistro de censado e identificación e constitúe o Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía. (REGIAC).

A modo de exemplo, en persoas, o censado podería ser algo similar a un empadroamento a nivel de concello, e a identificación individual sería algo similar ó noso DNI, e do mesmo modo que o DNI actuaría como identificación no país de orixe e no estranxeiro. 
 

Xurde un novo concepto de identificación animal, no que o importante é que cada animal sexa identificado individualmente de xeito fiable e permanente. Para que isto sexa así deben darse dous requisitos básicos:

  • Método de identificación fiable.
  • Base de datos que o sustente.

O bo funcionamento e coordinación entre ambos, garantizan unha correcta identificación.

¿Qué é o REGIAC (Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía)?

É un rexistro informatizado donde se recolle toda a información dos microchips dos cans identificados en Galicia. É propiedade da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

¿Qué é un microchip?

É un dispositivo electrónico diminuto que se implanta baixo a pel do pescozo do can, mediante unha inxección, e aporta a cada animal un código individualizado. O código do microchip lese mediante lectores electrónicos dos que dispoñen os axentes da autoridade e os/as veterinarios/as actuantes do REGIAC.

Sen o microchip estou perdido:

Dende o 2 de xullo de 2003 é obrigatoria a identificación con microchips de todos os cans da Comunidade Autónoma Galega (Decreto 90/2002, do 28 de febreiro).

O microchip fomenta a tenza responsable e evita posibles abandonos.

Os cans tamén teñen documento de identidade.

Información para propietarios e propietarias de animais:

¿Onde podo identificar o meu can cun microchip?

A implantación debe ser realizada por veterinarios/as actuantes autorizados pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Días despois de efectuar a identificación recibirá no seu enderezo a comunicación de que o seu can está inscrito no REGIAC. A maioría das clínicas veterinarias de Galicia contan xa polo menos con persoal autorizado pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Asemade, persoal veterinario que realiza clínica ambulatoria tamén está rexistrado. Consulte co seu/súa veterinario/a habitual ou nas clínicas veterinarias da súa localidade.

¿Qué ventaxas ten o microchip para mín e para o meu can?

  • É unha identificación que aporta a cada animal un código polo que será recoñecido durante toda a súa vida.
  • Garante unha implantación rápida, indolora e invisible.
  • Facilita a recuperación de animais extraviados ou roubados.
  • Axuda a garantir un control sanitario da poboación canina.

 ¿Qué ocurre se xa teño o meu can identificado con microchip no pasado?

Pode estar tranquilo/a.

A información sobre vostede e o seu can non se perde xa que toda a información foi volcada na aplicación informática do REGIAC..

Información para veterinarios e veterinarias actuantes

Normativa de  referencia:

  • Ley 50/1999, del 23 de diciembre, sobre el Régimen Jurídico de la Tenencia de Animales Potencialmente Perligrosos e Decreto 90/2002, do 28 de febreiro, polo que se regula a tenza de animais potencialmente perigosos na Comunidade Autónoma de Galicia e se crean os rexistros galegos de identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos e de Adestradores Caninos.

Quén pode implantar o microchip?:

A implantación do microchip será efectuada por persoal veterinario nomeado a tal efecto pola Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

Cómo solicitar ser persoal veterinario actuante?

Os veterinarios e veterinarias que desexen participar no proceso de identificación de animais de compañía da Comunidade Autónoma Galega deberán solicitalo á Dirección Xeral de Patrimonio Natural desta Consellería acreditando que cumpren polo menos os seguintes requisitos:

  • Que están inscritos no Colexio Oficial de Veterinarios
  • Que están dados de alta para o exercicio libre da profesión

Os modelos de solicitude tanto para solicitar o nomeamento como a renovación de dito nomeamentos así como información complementaria poden atoparse no apartado de Documentos relacionados.

Cómpre recordar que o recoñecemento como veterinario/a actuante renovarase aos cinco aos da súa obtención.

Documento/s relacionados
  • Resumo de requisitos e documentación xustificativa que se debe achegar coa solicitude para nomeamento de veterinario/a actuante Descargar
  • Modelo de solicitude para nomeamento de veterinario/a actuante Descargar
Ligazon/s relacionadas