CMATI

|
|
|
Compartir

Onde dirixirse para regularizar a súa situación como propietario

¿Qué administracións teñen competencias?

Os concellos teñen as seguintes competencias :

  • Outorgan a licenza para a tenza de animais potencialmente perigosos.
  • Rexistran ó animal no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.
  • Remiten os datos do Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos á Xunta de Galicia
  • Encárganse da recollida dos animais vagabundos ou abandonados e do seu mantemento nun centro de recollida rexistrado, cumprindo en todo momento co recollido na lexislación sobre protección animal en Galicia (Lei 1/1993 e Decreto 153/1998).
  • Poden regular as condicións en que se autorice a circulación e estadía dos animais potencialmente perigosos en rúas, parques e vías públicas, podendo determinar por razóns de seguridade e orde pública as zonas nas que se prohiba a súa estadía e circulación.
  • Instrucción e resolución dos expedientes sancionadores, por infraccións leves, ó disposto na Lei 50/1999, do 23 de decembro, e na Lei 1/1993, do 13 de abril.

A Xunta de Galicia ten as seguintes competencias:

  • Velar polo cumprimento do establecido na lexislación de protección animal e de animais considerados como potencialmente perigosos.
  • Posta en marcha e funcionamento do Rexistro Galego de Identificación de Animais de Compañía e Potencialmente Perigosos.
  • Divulgar os contidos da lexislación sobre protección animal e animais potencialmente perigosos.
  • Regulación das actividades de adestramento canino, outorgando os certificados de capacitación para o adestramento.
  • Instrucción e resolución por infraccións graves e moi graves dos expedientes sancionadores ó disposto na Lei 50/1999, do 23 de decembro, e na Lei 1/1993, do 13 de abril. é o encargado da recollida dos animais abandonados e do seu mantemento nun centro de recollida autorizado, respectando os prazos obrigatorios, conforme ó establecido na lexislación de referencia.