CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Tenza de animais silvestres autóctonos

Non está permitida á súa posesión (Lei 9/2001, de conservación da natureza), a non ser que se poida acreditar convenientemente a orixe legal dos animais, instalacións axeitadas para o seu mantemento e o rexistro do establecemento (conforme ó establecido na Lei 1/1993 e no Decreto 153/1998).

  • Lei 9/2001
  • Lei 1/1993
  • Decreto 153/1998

¿A quén acudir para denunciar un feito contra o benestar ou a protección animal? ¿Qué feitos poden ser sancionables?

A calquera axente da autoridade. Fundamentalmente:

  • Axentes forestais das Delegacións Provinciais da Consellería do Medio Rural e do Mar.
  • Policia Local do Concello correspondente.
  • Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA) da Garda Civil (Tfno.:062)
  • Policia Autonómica. Xunta de Galicia

"O posuidor dun animal, ou o que se serve do mesmo, é responsable dos prexuízos que causare, aínda que se lle escape ou extravíe. Só cesará esta responsabilidade no caso de que o dano proviñera de forza maior ou de culpa de quen o sofrera".

No caso de celebración de espectáculos prohibidos, incorrerán en infracción administrativa non só os seus organizadores senón tamén os donos dos locais ou terreos que os cedesen, a título oneroso ou gratuito.

A resolución do expediente sancionador, ademais das multas, pode levar asociada a incautación do animal.

¿Que feitos poden ser sancionables?

Ós efectos da Lei 1/1993, será infracción administrativa o incumplimento das obrigas, prohibicións, requisitos establecidos nela así como as condiciións impostas nas autorizacións administrativas outorgadas ó seu amparo. A responsabilidade administrativa será esixible sin perxuizo da que le podera corresponder no ámbito civil ou penal.

Terán a consideración de Infraccións leves (sanción de 30.05 a 300.51 €):

  • O maltrato dos animais que non lles cause dor.
  • A venda, doazón ou cesión de animais a menores de 14 anos ou incapacitados, sen autorización de quen teña a súa patria potestade, tutela ou custodia.
  • Doazón de animais de compañía como premios.
  • Exerce-la venda ambulante de animais fóra dos mercados e ferias autorizados.
  • Non mante-lo animal en boas condicións hixiénico-sanitarias.
  • Mantelos en instalacións inadecuadas.
  • Non facilitarlle-la alimentación adecuada ás súas necesidades.
  • A utilización de animais en traballos que os inmovilicen, causándolles dor.
  • A carencia ou tenza incompleta do arquivo de fichas clínicas de animais obxecto de tratamento obrigatorio ou vacinación.
  • O sacrificio de animais en lugares públicos.
  • A posesión dun can non censado conforme ó previsto no artigo 7.3º da Lei 1/1993.
  • A non recollida inmediata dos excrementos evacuados por un animal de compañía na vía pública.
  • Calquera outra actuación que vulnere o disposto nesta lei e que non estea tipificada como infracción grave ou moi grave.

Infraccións graves (sanción: 300.52 a 3005.06 euros):

  • Maltrato dos animais que lles cause dor ou lesións.
  • Venda ambulante, reiterada, de animais en xeral, fóra dos establecementos, feiras e mercados legalmente autorizados.
  • Venda de animais enfermos, salvo que se trate dun vicio oculto, non coñecido polo vendedor.
  • Tenza de animais perigosos sen as medidas de protección que se fixen.
  • Mutilalos sen necesidade ou sen adecuado control veterinario.
  • Abandoalos.
  • A non vacinación ou non tratamento obrigatorio dos animais.
  • A subministración de estimulantes non autorizados ou substancias que poidan atentar contra á súa saude, excepto cando sexa por prescrición facultativa.
  • Cría ou comercialización de animais sen cumpri-los requisitos correspondentes.
  • O incumprimento das obrigas sinaladas nos artigos 3 (requisitos dos establecementos), 4 (transporte de animais) e 5 da Lei 1/1993 (espectáculos con animais), salvo o disposto no artigo 22.1.b.
  • O incumprimento de calquera outra das condicións impostas nas autorizacións administrativas.
  • Reincidencia en infracción leve, entendendo que existe cando se comete unha infracción leve do mesmo tipo cá que motivou unha sanción anterior no prazo de 365 días seguintes á notificación desta; requerirase que a resolución sancionadora adquirise firmeza.

Infraccións moi graves (3005.07 a 15025.30 euros):

  • Maltrato dos animais que lles cause a morte.
  • Venda de animais con enfermidade infecto-contaxiosa coñecida.
  • Venda de animais para experimentación sen a debida autorización ou a centros non autorizados.
  • A organización e celebración de espectáculos, pelexas ou outras actividades con animais que impliquen crueldade ou maltrato ou poidan ocasionarlles sufrimentos. (Neste caso, incurrirán en infracción administrativa non soamemnte os organizadores seno tamén os donos dos locais outerreoa que os cederan a título oneroso ou gratuíto)
  • A esterilización ou sacrificio de animais sin control facultativo.
  • Reiteración en infraccións graves.
  • Reincidencia en infracción grave, entendendo que existe tal reincidencia cando se comete unha infracción grave do mesmo tipo cá que motivou unha sanción anterior no prazo de 365 días seguintes á notificación desta; requerirase que a resolución sancionadora adquirise firmeza.

¿Que debe facer vostede se atopa un animal vagabundo ou abandonado?

O Concello, é o encargado da recollida dos animais abandonados e do seu mantemento nun centro de recollida autorizado, respectando os prazos obrigatorios, conforme ó establecido na lexislación de referencia.

Os concellos cun baixo número de habitantes normalmente convenian o servicio de recollida cun concello veciño ou cunha sociedade protectora de animais.

Normalmente unha chamada á Policia Local pon en marcha o dispositivo de recollida e o traslado do animal a un centro de recollida autorizado e rexistrado, donde será mantido e posteriormente posto en adopción.

¿Que debe facer se atopa una animal salvaxe ferido ou enfermo?

Un animal silvestre ferido ou enfermo precisa atención de expertos, require tratamento veterinario e un un manexo coidadoso que conclúa cunha solta posterior no medio natural.

  • Ó localizar un animal ferido debe poñerse en contacto inmediatamente co Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da súa provincia ou, no seu defecto, co axente forestal da zona ou co Servicio Provincial de Espacios Naturais e Biodiversidade da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural e do Mar. Logo de establecido o contacto, o animal será recollido e trasladado ó Centro de Recuperación de Fauna Silvestre nun prazo máximo de 24 horas.
  • Durante a espera, o animal encontrarase mellor nunha caixa de cartón do seu tamaño (se as características do animal o permiten) situada nun lugar silencioso, seco e temperado, lonxe de persoas ou outros animais. Non lle dea nunca de comer ou de beber.

Baixo ningún concepto poderá quedar en posesión do animal. A súa tenza sen autorización supón unha infracción á Lei 9/2001, de conservación da natureza.

Centros de recuperación de fauna silvestre da Xunta de Galicia

  • A CORUÑA. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "Santa Cruz de Oleiros", Oleiros. 981-62.62.41
  • LUGO. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "O Veral", Carretera de Friol s/n, Lugo. 982-20.77.05
  • OURENSE. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "Alto do Rodicio", Maceda. 988-30.20.51
  • PONTEVEDRA. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "Cotorredondo", Vilaboa. 986-68.03.90

 

Tenza de animais exóticos

O incremento do volumen do comercio de especies animais e vexetais silvestres, unido á perda de hábitats naturais reduxo numerosas poboacións ata o extremo de facer peligrar a súa supervivencia. Cada ano compran e vendense no mundo 5 millóns de aves vivas, 10 millóns de peles de reptiles, 15 millóns de peles de mamíferos e aproximadamente 2.000 toneladas de corais. Máis da cuarta parte deste comercio é ilegal.
En moitos casos poden ser transmisores de enfermidades exóticas que afectan ás persoas ou a outros animais.
Se pretende ter mais dun animal ou criar cos animais exóticos comprados deberá comunicalo á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que lle informe se debe rexistrarse como establecemento (núcleo zoolóxico).
Debemos garantir que coñecemos ben as necesidades do animal e que podemos mantelos en instalacións axeitadas e aportarlles a alimentación, manexo e coidados veterinarios que precisan. En moitas ocasións descoñecemos a etoloxía da especie, o que causa problemas irresolubles ós animais (ex: problemas psicolóxicos en loros).
Os animais que poidan causar danos de certa entidade ás persoas ou ós animais son considerados como potencialmente perigosos, quedando os seus donos supeditados ó cumprimento do establecido na lexislación de aplicación (Lei 50/1999, do 23 de decembro, RD 287/2002, do 22 de marzo eDecreto 90/2002, do 28 de febreiro).

Subir