CMATI

|
|
|
Compartir

Autorizacións de biodiversidade: excepcións ás normas de protección de especies

Na actualidade a normativa de conservación da natureza vixente establece un réxime de protección (Lei 42/2007, de 13 de decembro, do patrimonio natural e da Biodiversidade; Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza) para a fauna e flora silvestre, especialmente no caso das especies ameazadas (Decreto 88/2007, do 19 de abril, polo que se regula o Catálogo galego de especies ameazadas).

Estas prohibicións poderán quedar sen efecto previa autorización administrativa nunha serie de supostos, sempre que non houbera outra solución satisfactoria e sen que elo supoña prexudicar o mantemento nun estado de conservación favorable á poboación de que se trate. No caso de requirirse unha autorización ao respecto, deberase remitir cumprimentada a solicitude que se xunta, dirixida á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, xustificando os requisitos apuntados.

Estas autorizacións terán en xeral unha duración anual, aínda que se poden estender ata tres anos no caso de se outorguen en base a un plan de investigación, de aproveitamento, de cultivo ou de cría en catividade aprobado, o cal deberá de ser xustificado convenientemente na solicitude.

Nas autorizacións que concede a Dirección Xeral de Conservación da Natureza establécese a obriga de informar das capturas realizadas no seu exercicio, coa finalidade de coñecer a repercusión das mesmas na especie autorizada e de recoller información de utilidade para a súa xestión. Para facilitar a integración desta información no banco de datos de biodiversidade, facilitase varios tipos de arquivos, que deben de ser remitidos unha vez cubertos por correo electrónico a biodiversidade2.cma@xunta.es.

Pódese utilizar o arquivo que mellor se adapte ao tipo de datos, aínda que se recomenda utilizar con carácter xeral o formulario.

Documento/s relacionados
  • Modelo de informe - capturas autorizadas (formato base de datos) Descargar
  • Modelo de informe - capturas autorizadas (formato táboa de datos) Descargar
  • Modelo de informe de anelamentos de aves (táboa de datos) Descargar
  • Lista de motivos e actividades permitidas Descargar
  • Solicitude de excepción ás normas de protección de especies catalogadas Descargar
  • Normas para a autorización da captura de aves frinxílidas 2016 Descargar
  • Parte de capturas de aves frinxílidas 2016 Descargar
  • Solicitude de captura de aves finxílidas 2016 Descargar