CMATI

|
|
|
Compartir

Parques Naturais

Os parques son áreas naturais, pouco transformadas polas actividades humanas, que, pola beleza dos seus sitios, a representatividade dos seus ecosistemas ou a singularidade da súa flora, fauna ou formacións xeomorfolóxicas, posúen uns valores ecolóxicos, estéticos, educativos ou científicos dos que a súa conservación merece unha atención preferente.

Nos parques poderanse limita-los aproveitamentos dos recursos naturais, e prohibirse aqueles incompatibles coas finalidades que xustificaron a súa creación.

Nos parques facilitarase a entrada de visitantes coas limitacións que sexan precisas para garanti-la conservación dos valores naturais