CMATI

|
|
|
Compartir

Presentación

Galicia ten unha superficie de 29.574 km2. No seu territorio teñen cabida unha grande diversidade de medios naturais grazas á súa posición xeográfica e á súa orografía. A altitude varía entre o nivel do mar, e os fondos mariños, ata a súa cota máxima de 2.124 metros en Pena Trevinca, aínda que máis da metade do territorio sitúase entre os 200 e os 600 metros. Destacan os máis dos 1.200 km de litoral. O seu punto máis setentrional, a Estaca de Bares, sitúase a 43º 48´ de latitude norte e é tamén o máis norteño da península. A variedade de climas que se dan propician ambientes oceánicos, mediterráneos, de montaña... e multitude de microclimas que favorecen unha ampla mostra de diferentes ecosistemas que son o resultado da evolución natural e da forma de aproveitar os recursos naturais.

A rede galega de espazos naturais protexidos representa máis do 12% da superficie total galega. Nela recóllense aqueles espazos naturais da comunidade autonómica que dispoñen dun réxime especial de protección en virtude das diferentes normativas autonómicas, estatais ou comunitarias así como convenios internacionais.

Estes espazos naturais recollen os ecosistemas máis representativos e significativos do territorio galego: costas e rías, lagoas, ecosistemas fluviais, serras do interior, fragas e devesas, etc. A normativa autónomica que regula a protección está recollida na Lei 9/2001, de Conservación da Natureza.
 

Documento/s relacionados
  • Mapa espazos protexidos de Galicia Descargar