CMATI

|
|
|
Compartir

Presentación

Son espazos naturais protexidos que conteñen elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e evolución da natureza como derivados da actividade humana, que por proposta dos Concellos, as institucións e os propietarios particulares poden propoñer a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a súa declaración.

  • Espazos naturais de interese local: espazos integrados nun termo municipal que polas súas singularidades sexan merecedores dalgún tipo de protección dos seus valores naturais.
  • Espazos privados de interese natural: terreos pertencentes a institucións ou propietarios particulares, nos que existan formacións naturais, especies ou hábitats de flora e fauna silvestre dos que se considere de interese a súa protección.

Estes espazos non se incluiran na Rede galega de espazos naturais protexidos.

Máis información: Decreto 124/2005, do 6 de maio, polo que se regula a figura de espazo natural de interese local e a figura de espazo privado de interese natural.