CMATI

|
|
|
Compartir

Publicidade FEDER

 

 O Programa Operativo componse obxectivos temáticos que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descripción do tipo de acción que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de productividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativo 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea  debe aprobalos. O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse á data 12/02/2015 por Decisión da Comisión.

A Dirección Xeral de Patrimonio Natural desenvolve distintas operacións dentro do marco de dous obxectivos específicos que se detallan a continuación:

Obxectivo Temático
6

Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Prioridade de Investimento
6.4

Protección e restauración da biodiversidade e do solo e fomento dos servizos dos ecosistemas, incluído a través da Natura 2000 e de infraestruturas ecolóxicas

Obxectivo Específico
6.4.1

Fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, que inclúan medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertificación, deforestación e baixo nivel de materia orgánica

Operacións aprobadas

 

- Actuacións vinculadas coa recuperación da fauna silvestre.

- Actuacións de protección e conservación nos/dos Parques naturales de Galicia.

- Actuacións de conservación no Parque Nacional das Illas Atlánticas. Anualidade 2016.

- Accións de conservación fora da Rede Galega de Espacios Protexidos (RGEP).

- Actuacións de conservación nas Zonas de Especial Conservación (ZEC) e nas Zonas de Especial Protección para as Aves (ZEPA) da Rede Natura 2000 de Galicia.

- Actuacións de protección e conservación do patrimonio natural do Parque Nacional das Illas Atlánticas. Anualidades 2017-2018.

- Actuacións de deseño, creación e implementación da Estratexia de Infraestruturas Verdes e da biodiversidade. Anualidades 2017-2018-2019-2020.

 
Obxectivo Temático
6

Conservar e protexer o medio ambiente e promover a eficiencia dos recursos

Prioridade de Investimento
6.3

Conservación, protección, fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural

Obxectivo Específico
6.3.2

Protección, desenvolvemento e promoción das áreas naturais, en particular, as de interese turístico

Operacións aprobadas

 

- Actuacións de promoción e divulgación do Patrimonio Natural de Galicia.

- Actuacións para a mellora da oferta de uso público e de sensibilización ambiental no Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Anualidades 2017-2018.

- Actuacións de promoción e divulgación dos valores naturais nos parques naturais de Galicia.

- Actuacións de promoción e divulgación dos valores naturais do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

 

De conformidade co anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a) a dirección xeral informará ao público do apoio obtido dos Fondos Feder no seu sitio de internet. En cumprimento do citado regulamento recollese nunha ficha s distintas operacións financiadas con fondos europeos.

O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao públicio do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio internet, de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financiero da Unión.

Documento/s relacionados