Data de declaración
7 de xuño de 2004. Decreto 110/2004, do 27 de maio.
Superficie
485 ha.
Concello
Valdoviño.
Situación
Ao norte da provincia de A Coruña, na comarca de Ferrol, na costa Ártabra.
Outras figuras de protección
- Zona de Especial Protección dos Valores Naturais ''Costa Ártabra'' de 7.546 ha. e ''Costa de Ferrolterra - Valdoviño'' de 4.266 ha.
- Zona especial de Conservación (ZEC) ''Costa Ártabra'', ZEC ES1110002; de 7.546 ha.
- Zona de especial protección para as aves (ZEPA) ''Costa de Ferrolterra - Valdoviño'', ZEPA ES0000258; de 4.266 ha).
- Humidal Ramsar ''Lagoa e areal de Valdoviño'', de 485 ha.
Plan de conservación do humidal protexido Lagoa e areal de Valdoviño:
DECRETO 30/2015, do 5 de febreiro, polo que se aproba o Plan de conservación do humidal protexido Lagoa e areal de Valdoviño.
Para máis información pódense consultar os seguintes documentos relacionados:
- Plan de Conservación do Humidal Protexido “Lagoa e Areal de Valdoviño”
- Declaración de integración dos aspectos ambientais no Plan de Conservación do Humidal protexido “Lagoa e Areal de Valdoviño”
- Medidas adoitadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente
- Resumo non técnico do razoamento de elección do programa aprobado e das medidas adoitadas para o seguimento dos efectos no medio ambiente