CMATI

|
|
|
Compartir

02 - Dirección Xeral do Patrimonio Cultural

O departamento implicado na sustentabilidade territorial, neste grupo técnico de traballo, é a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural. O grupo conta coa presenza da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático como órgano ambiental  e do Instituto Galego de Estatística, membros permanentes dos GTT, co obxectivo de validar o sistema de indicadores en coherencia coas obrigas establecidas no proceso de avaliación ambiental e na procura de acadar a oficialidade dos datos xerados. No que se refire ao Instituto de Estudos do Territorio (IET), este asume o papel de coordinación, de poñer as ferramentas e facer as propostas obxecto de estudo e validación no seo dos GTT, co fin de elevar o Informe correspondente á Comisión de Seguimento para a súa aprobación.

Cabe subliñar que este sistema de seguimento da sustentabilidade territorial lévase a cabo a través de tres ferramentas: os indicadores de desenvolvemento e implantación (IDI); os indicadores de sustentabilidade territorial (IST) e a enquisa de percepción territorial e urbanística (EPTU).

Neste grupo técnico de traballo desenvolvéronse os seguintes indicadores de sustentabilidade territorial (IST), pertencentes ao bloque Patrimonio cultural, subloque Abundancia e diversidade:

  • Numero de BIC
  • Conservación e rehabilitación de elementos patrimoniais

As sesións de traballo celebráronse de acordo ao estipulado no Artigo 8. 2 do Decreto 156/2012, do 12 de xullo, polo que se crea a Comisión de Seguimento das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, levantándose acta de cada unha delas.

 

Documento/s relacionados
  • Enquisa de Percepción Territorial e Urbanística (EPTU) (formato PDF) Descargar  (1.388 KB)