CMATI

|
|
|
Compartir

Obxectivos

OBXECTIVO XERAL

“Definir un modelo innovador de planificación e xestión territorial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, baseado en datos contrastados con instrumentos de desenvolvemento sustentable, a monitoraxe do territorio e a xeración e difusión do coñecemento para a mellora continua.”

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS

Os obxectivos específicos deste proxecto poden definirse como segue:

  1. Coordinar a ordenación sustentable do territorio na Eurorrexión. Para avanzar cara este obxectivo, os socios apoiaranse nos instrumentos de planificación estratéxica existentes en ambos os países e na creación dun instrumento novo baseado na posta a disposición de información detallada de todo o territorio da Eurorrexión. O elemento aglutinador destes ingredientes será o XEOPORTAL.
  2. Creación dun Laboratorio de ideas para traballar sobre modelos innovadores de xestión sustentable do territorio. Traballarase de forma conxunta na definición dunha nova metodoloxía para unha ordenación do territorio máis eficiente e sustentable. Os expertos traballarán sobre todos os ámbitos que inflúen na sustentabilidade dun territorio, tales como a mobilidade, a enerxía, o uso do chan, etc.
  3. Demostración da aplicabilidade do modelo definido a un ámbito concreto. A mobilidade será un dos ámbitos de estudo clave do Laboratorio de Ideas. Neste sentido, este será o sector seleccionado para comprobar esta metodoloxía innovadora desenvolvida no proxecto.
  4. Creación do Portal do Coñecemento. O Portal do Coñecemento será a ferramenta web da sustentabilidade territorial e conterá tanto a información necesaria sobre o concepto de sustentabilidade e as súas boas prácticas como todos aqueles datos relevantes, actualizados, xeoreferenciados e normalizados que permitan realizar unha análise do estado e a evolución de todas as variables que están relacionadas con este concepto.