Coa posta en marcha da comisión poñeranse as bases do Plan Cartográfico de Galicia, e no establecemento e actualización da infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG), dun xeito planificado e coordinado cos distintos departamentos da xunta de Galicia
Esta comisión ten un papel imprescindible, como instrumento para planificar dun xeito coordinado a produción, o uso e a difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio galego, coa finalidade de garantir a coherencia e interoperabilidade dos datos espaciais
Introdución
A Directiva INSPIRE (Infrastucture for Spatial Information in Europe) establece as regras xerais para o establecemento dunha Infraestrutura de Información Espacial na Comunidade Europea baseada nas Infraestruturas dos Estados membros. Aprobada polo Parlamento Europeo e o Consello o 14 de marzo de 2007 (Directiva 2007/2/CE), entra en vigor aos vinte días da súa publicación, o 25 de abril de 2007, no Diario Oficial da Unión Europea.
A Directiva 2007/2/CE foi desenvolvida en colaboración cos Estados membros e países en proceso de adhesión co propósito de facer dispoñible información xeográfica relevante, concertada e de calidade de forma que se permita a formulación, implementación, monitorización e avaliación das políticas de impacto ou de dimensión territorial da Unión Europea.
A transposición desta Directiva ao ordenamento xurídico español desenvólvese a través da Lei 14/2010, do 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España (LISIGE) garantindo o seu cumprimento, incluído o establecemento da Infraestrutura de Información Xeográfica de España, que integra o conxunto de infraestruturas de información xeográfica e servizos interoperables de información xeográfica baixo responsabilidade das Administracións Públicas españolas.
Coa constitución da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, ponse en marcha a mesma e que se responsabilizará da coordinación técnica dos departamentos, organismos e entes da Administración Pública de Galicia nas súas actuacións en materia de sistema de información xeográfica, cartográfica e xeomática, coa súa adscrición ao Instituto de Estudos do Territorio dependente da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
A comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía ponse en marcha hoxe cos seguintes obxectivos concretos:
Promóvese deste xeito unha mellor organización dos servizos públicos de información xeográfica e cartográfica
Cómpre sinalar que a constitución desta comisión é acorde coa política de austeridade da Xunta de Galicia, xa que os membros dela non recibirán remuneración económica, co criterio de xestionar e coordinar os recursos co menor custo posible para os cidadáns.
Funcións e responsabilidades
Serán funcións propias da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografia as seguintes:
Membros
1. Presidente/a: a persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio.
2. Vicepresidente/a: o/a director/a do Instituto de Estudos do Territorio.
3. Vogais:
a) Un/unha representante por consellería designado/a polo/a conselleiro/a correspondente.
b) Un/unha representante do órgano central de estatística da Comunidade Autónoma.
c) Un/unha representante da consellería competente en materia de toponimia.
d) Un/unha representante de cada unha das catro deputacións provinciais.
e) Un/unha representante da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
f) Un/unha representante da entidade pública competente en materia de modernización e innovación tecnolóxica.
g) Un/unha do representante do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
4. Secretaria: desempeñada por un/unha representante do Instituto de Estudos do Territorio
Grupos de taballo
Proposta de creación dos seguintes grupos de traballo:
GT1 Asentamentos e direccións
GT2 Desenvolvemento e tramitación do regulamento e SIX corporativo
GT3 Administración Local
GT4 Sistema de Información Urbanística (SIOTUGA)