CMATI

|
|
|
Compartir

Introdución

PO FEDER Galicia 2014-2020 "Unha maneira de facer Europa"

O Programa Operativo componse, principalmente, de eixes prioritarios que conteñen unha estratexia coherente cos fins comunitarios e as necesidades detectadas, unha descrición do tipo de accións que levarán a cabo, unha xustificación da lóxica de intervención segundo os obxectivos específicos establecidos, unha selección adecuada dos indicadores de produtividade e de resultados, un plan de financiamento e unha relación das autoridades que intervirán na xestión e control do programa. O Regulamento (UE) Nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013 establece os detalles que deben conter os programas operativos 2014-2020. Antes da súa entrada en vigor, a Comisión Europea debe aprobalos.  O Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 aprobouse en data 12/02/2015 por Decisión da Comisión e pode consultarse na seguinte ligazón.

 A Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático desenvolve distintas operacións dentro do marco dos obxectivos específicos que se detallan a continuación:

 

Obxectivo Temático

05- Promover a adaptción ao cambio climático e a prevención e xestión de riscos.

Prioridade de Inversión

05.01- Apoio ao investimento destinado á adaptación ao cambio climático, incluídas formulacións baseadas nos ecosistemas.

Obxectivo Específico

05.01.01- Desenvolvemento de coñecementos e elaboración de plans en relación coa adaptación ao cambio climático e a prevención de riscos, incluíndo os sistemas de alerta, de seguimento e avaliación.

 

Obxectivo Temático

06- Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos.

Prioridade de Inversión

06.01- O investimento no sector dos residuos para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos estados miembros, dun investiment que vaia máis alá dos devanditos requisitos..

Obxectivo Específico

06.01.01- Desenvolver a separación, recollida selectiva e tratamento de residuos, incluíndo accións de peche de ciclo, considerando tanto os plans de xestión como os investimentos en infraestruturas

 

Obxectivo Temático

06- Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos..

Prioridade de Inversión

06.04- Protección e restauración da biodiversidade e do solo e fomento dos servizos dos ecosistemas, incluído a través de Natura 2000 e de infraestruturas ecolóxicas.

Obxectivo Específico

06.04.01-.Fomentar a xestión, protección e mantemento de espazos naturais e a súa biodiversidade, en particular os protexidos, incluíndo medidas para paliar os problemas de erosión, salinización, desertización, deforestación e baixo nivel de materia orgánica no solo.

De conformidade co anexo  XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, no apartado 2.2.2,a)  a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático informará ao público do apoio obtido dos Fondos Feder no seu sitio de internet. En cumprimento do citado regulamento, nas pestañas correspondentes aos obxectivos temáticos 5 e 6, recóllense nunha ficha as distintas operacións financiadas con fondos europeos.

  O beneficiario, durante a realización dunha operación, informará ao públicio do apoio obtido dos Fondos facendo unha breve descrición da operación no seu sitio internet , de maneira proporcionada ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financiero da Unión.
 

 

 

Documento/s relacionados
  • Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020 Descargar