CMATI

|
|
|
Compartir

Modificación menor do planeamento xeral

As modificacións menores do planeamento xeral (PXOM ou NSP) deben ser obxecto de avaliación ambiental estratéxica simplificada.

Lexislación de referencia:

• Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (artigo 5.2.f)
• Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (artigos 46.2.a, 83.4, 83.5)
• Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia
• Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

O procedemento ambiental comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O concello promotor da modificación remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, un borrador da modificación co contido necesario para a súa análise urbanística e o documento ambiental estratéxico.

A documentación da modificación de planeamento (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia.

2. Consultas previas

O órgano ambiental someterá a documentación recibida ás consultas do órgano competente en materia de urbanismo, das demais administracións públicas afectadas e das persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo de 30 días hábiles.

3. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se a modificación do planeamento xeral ten ou non efectos significativos no medio:

  • No caso de prever efectos ambientais significativos, a modificación deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
  • De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e a modificación poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.

O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Documento/s relacionados
  • Procedemento ambiental para tramitar modificacións de planeamento xeral Descargar
Contacto/s relacionados