CMATI

|
|
|
Compartir

Ámbito de aplicación

O procedemento de avaliación do impacto ambiental de proxectos é un instrumento necesario para a preservación dos recursos naturais e a defensa do ambiente, xa que introduce a variable ambiental na toma de decisións sobre os proxectos con importante incidencia no medio.

Lexislación

O réxime xurídico aplicable á avaliación de impacto ambiental de proxectos está regulado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Ámbito de aplicación

Con carácter xeral, o procedemento de avaliación do impacto ambiental aplícase a proxectos, tanto públicos como privados, que consisten en realizar obras, instalacións ou calquera outra actividade con efectos ambientais significativos.

A Lei 21/2013 distingue dous procedementos de avaliación do impacto ambiental en función do tipo de proxectos de que se trate, que son os seguintes:

A. Deben ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental ordinaria:

  • Os proxectos comprendidos no anexo I da Lei 21/2013.
  • Os proxectos que, presentándose fraccionados, acadan os umbrais do anexo I da Lei 21/2013 por acumulación das magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
  • Calquera modificación das características dun proxecto do anexo I ou do anexo II da Lei 21/2013 que cumpre, por si soa, os umbrais establecidos no anexo I.
  • Os proxectos que foron sometidos ao procedemento simplificado e o órgano ambiental decide, no informe de impacto ambiental, sometelo ao procedemento ordinario.
  • Os proxectos que han de someterse ao procedemento simplificado pero o promotor solicita que se someta ao procedemento ordinario.

 B. Deben ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental simplificada:

  • Os proxectos comprendidos no anexo II da Lei 21/2013.
  • Os proxectos non incluídos no anexo I nin no anexo II que poidan afectar de forma apreciable, directa ou indirectamente, a espazos protexidos da Rede Natura 2000.
  • Calquera modificación das características dun proxecto do anexo I ou do anexo II que poida ter efectos adversos significativos sobre o ambiente. 
  • Os proxectos que, presentándose fraccionados, acadan os umbrais do anexo II mediante a acumulación das magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
  • Os proxectos do anexo I que serven exclusiva e principalmente para desenvolver ou ensaiar novos métodos ou produtos, sempre que a duración do proxecto non sexa superior a dous anos.

 

Nota: Para determinar en que grupo se atopa o proxecto dunha explotación gandeira haberá que calcular a súa capacidade (número máximo de prazas) segundo o indicado na Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva.