CMATI

|
|
|
Compartir

Participación pública

Axúdenos a mellorar achegando as súas observacións e suxestións de carácter ambiental

A participación pública é un elemento fundamental na avaliación ambiental, dando oportunidade aos cidadáns para que contribúan na elaboración de proxectos que poidan afectar o ambiente e na decisión da súa viabilidade.

As administracións públicas afectadas, o público interesado e o público en xeral poden formular, no prazo máximo de 30 días, as observacións e suxestións de carácter ambiental que estimen oportunas para determinar:

  • se un proxecto, sometido ao procedemento simplificado de avaliación do impacto ambiental, ten ou non efectos ambientais significativos. (AIA simplificada)
  • o alcance que debería ter o estudo de impacto ambiental dun proxecto sometido ao procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental. (Alcance do EsIA)
  • aportacións á avaliación dun proxecto sometido ao procedemento ordinario de avaliación do impacto ambiental en período de información pública mediante anuncio no DOG. (IP AIA ordinaria)

As observacións e suxestións poden formularse por calquera das seguintes vías:

  • A través do formulario informático habilitado nesta páxina web
  • Mediante fax remitido ao número 981 541 048
  • A través do correo electrónico: prevencion.ambiental.cma@xunta.es
  • Mediante escrito presentado no rexistro administrativo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, situado nas súas dependencias de San Lázaro s/n, en Santiago de Compostela

En calquera dos medios empregados deberá identificarse quen formula as observacións ou suxestións (nome da unidade administrativa, ou nome do colectivo, ou nome e apelidos da persoa), facilitando tamén os datos de contacto.

Para consultar os proxectos tramitados pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, que se atopan nestas fases de participación pública, prema nesta ligazón