CMATI

|
|
|
Compartir

Procedemento ordinario

A avaliación do impacto ambiental ordinaria de proxectos comprende as seguintes fases:

POTESTATIVA:

1. Alcance do estudo de impacto ambiental (EsIA). Antes de iniciar o procedemento de avaliación ambiental e con carácter potestativo, o promotor pode solicitar que o órgano ambiental elabore, no prazo máximo de tres meses, un documento de alcance no que determine a amplitude e o nivel de detalle que deberá ter o EsIA (non tratándose dun trámie administrativo).

Para isto, o promotor deberá presentar ante o órgano substantivo unha solicitude de determinación do alcance do EsIA xunto cun documento de inicio do proxecto. O órgano substantivo deberá remitir ao órgano ambiental a antedita documentación para que este elabore o documento de alcance, previa consulta ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas.

Os documentos iniciais dos proxectos están á súa disposición nesta páxina web para que poida formular as observacións e suxestións de natureza técnica (non alegacións), que estime oportunas en relación ao alcance do EsIA. Para acceder aos proxectos que se atopan nesta fase de consultas prema na seguinte ligazón.

OBLIGATORIA:

2. Estudo de impacto ambiental (EsIA). O promotor elabora (por técnico competente, segundo o artigo 16 da Lei 21/2013) o EsIA coa amplitude e o nivel de detalle que determinou o órgano ambiental e co contido mínimo sinalado no artigo 35 da Lei 21/2013, e as súas posteriores modificacións.

3. Trámite de información pública e consultas. O promotor presenta o proxecto e o EsIA ante o órgano substantivo e este, dentro do procedemento substantivo de autorización do proxecto, realiza os trámites de información pública e de consultas ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas. O promotor debe ter en consideración os resultados das consultas e da información pública no seu proxecto e o órgano substantivo na autorización do mesmo.

4.Solicitude de Avaliación de impacto ambiental ordinaria . O promotor presenta ante o órgano substantivo,  xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de avaliación de impacto ambiental ordinaria acompañada da seguinte documentación:

- Documento técnico do proxecto

- Estudo de impacto ambiental

-Alegacións e informes recibidos nos trámites de información pública e de consultas

Unha vez feitas as comprobacións necesarias, o órgano substantivo remite ao órgano ambiental a solicitude inicio e os documentos que a deben acompañar.

5. Inadmisión a trámite. O órgano ambiental pode resolver motivadamente a inadmisión da solicitude de inicio cando estima de modo inequívoco que o proxecto é manifestamente inviable por razóns ambientais, ou que o EsIA non reúne condicións de calidade suficientes ou se xa inadmitira ou ditara unha declaración de impacto ambiental desfavorable cun proxecto substantivamente análogo ao presentado.

6. Análisis técnico do expediente. O órgano ambiental realiza un análisis técnico do expediente de impacto ambiental, análisis cuxa finalidade é deducir os efectos esperados dos proxectos sobre os diferentes factores obxecto da avaliación ambiental, e propor as medidas mais adecuadas para a súa prevención, corrección ou compensación, así como os seus respectivos seguimentos.

Analizarase, en particular, a calidade, completitud e suficiencia do estudio de impacto ambiental, no seu caso, a súa conformidade co documento de alcance, e cómo se tiveron en consideración o resultado do trámite de información pública, das consultas ás Administracións Públicas afectadas e ás personas interesadas e no seu caso, o resultado das consultas transfronterizas.

7. Declaración de impacto ambiental (DIA). O órgano ambiental formula a DIA e nela determina, para os seus efectos ambientais, a conveniencia ou non de realizar o proxecto e, en caso afirmativo, as condicións nas que pode desenvolverse, as medidas correctoras e as medidas compensatorias.

A DIA ten a natureza de informe preceptivo e determinante e debe incluir, polo menos, o contido que establece o artigo 41 da Lei 21/2013 e as súas posteriores modificacións.

A DIA publícase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web desta Consellería. Pode acceder aos textos das DIA emitidas premendo nesta ligazón

8. Seguimento e vixilancia. Corresponde ao órgano substantivo o seguimento e vixilancia do cumprimento da declaración de impacto ambiental (DIA). O órgano ambiental poderá recabar a información e realizar as comprobacións que estime necesarias para verificar o cumprimento do condiciónado da DIA.

Prazos

Os distintos trámites do procedemento administrativo, a emisión de informes e o período de consultas están suxeitos aos prazos establecidos, segundo a data que corresponda, no texto consolidado da Lei 21/2013.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15771 Santiago de Compostela