CMATI

|
|
|
Compartir

Ámbito de aplicación

O procedemento de avaliación da incidencia ambiental daquelas actividades susceptibles de afectar o ambiente permite a súa análise previa á posta en marcha, posibilita introducir medidas correctoras e facilita a súa posterior vixilancia e control.

Lexislación

Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

Ámbito de aplicación

O procedemento de avaliación da incidencia ambiental aplícase ás actividades incluídas no anexo da Lei 9/2013 que non teñen que someterse ao procedemento de avaliación do impacto ambiental.

Tamén deben ser obxecto da previa avaliación de incidencia ambiental as modificacións substanciais das actividades contempladas no dito anexo. Considéranse substanciais as modificacións das instalacións ou procesos vinculados á actividade de cuxa realización derive a superación dos seguintes limiares:

•  Incremento superior ao 50 % da capacidade produtiva da instalación
•  Incremento superior ao 50 % das materias primas empregadas no proceso produtivo
•  Incremento do consumo de auga ou enerxía superior ao 50 %
•  Incremento superior ao 25 % das emisións de contaminantes atmosféricos ou a implantación de novos focos de emisión catalogados
•  Incremento superior ao 50 % da vertedura de augas residuais.
•  Produción de residuos perigosos ou incremento do 25 % do seu volume no caso de estaren inicialmente previstos
•  Incremento nun 25 % dalgún ou da suma do total de contaminantes emitidos.
•  Incorporación ao sistema de produción ou o seu aumento por riba do 25 % de substancias perigosas, reguladas polo Real decreto 1254/1999, do 16 de xullo, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas.

A aplicación dos limiares sinalados terá carácter acumulativo durante todo o tempo de desenvolvemento da actividade.

 

Nota: A capacidade (número máximo de prazas) dunha explotación gandeira hai que calculala segundo o indicado na Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva.
 

Contacto/s relacionados