CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

No caso de actividades que teñan verquido( foxa séptica, E.D.A.R., balsa de decantación, ...), a declaración de incidencia ambiental deberá reflictir os parámetros de verquido, ¿ deberá solicitarse informe ao órgano de cunca ou será o propio servizo de calidade ambiental o que determine esos parámetros?,¿ cómo se fará no caso de emisións á atmosfera, cos valores límite?

Consonte co previsto no artigo 10.1 do Decreto 133/2008, unha vez que o expediente entra nesta Consellería o órgano que tramita o ditame de incidencia ambiental, é dicir, a Delegación Provincial correspondente, solicitará os informes oportunos á unidade competente para fixar os parámetros, límites e medidas correctoras en cada ambito (augas, atmósfera ....).

En resposta a pregunta formulada contestouse: "RESPOSTA: Todo o que tivese entrada (data de Rexistro) no Concello con anterioridade ó día 22 de xullo de 2008, tramitarase segundo a normativa anterior (Decreto 2414/1961) e, por contra, o que teña data de entrada 22 de xullo ou posterior, tramitarase polo Decreto 133/2008." A miña dúbida é: toda vez que segundo a Disposición derradeira terceira do D. 133/08 entrou en vigor ós vinte días da súa publicación no DOG, é dicir, o 21 de de xullo, entendo que as solicitudes de licenza que tiveran entrada o referido día 21 de xullo élle de aplicación o D. 133/08 (Disp. trans. única) e non o Raminp.

O Decreto entrou en vigor con data 22 de xullo de 2008 é, polo tanto, ratifícase a resposta dada con anterioridade.

¿As liñas de media tensión e os centros de transformación deben de tramitarse vía decreto 133/2008? De non ser necesario ¿é suficiente coa licenza de obra municipal?

En principio, non, agás que se dea algunha das características fixadas no Anexo II do Decreto 133/2008 relacionadas co territorio ou que teñan algún interese ambiental, o que permitirá cualificar as liñas de media tensión e os centros de transformación como sometidas ao procedemento da avaliación de incidencia ambiental, segundo o establecido no artigo 2.2 do Decreto.

Por un particular formulouse a seguinte cuestión na Delegación: Pretende tramitar a actividade hoteleira (sótano+3 plantas) en chan urbano consolidado, polo que conta coa infraestrutura de abastecemento e saneamento axeitada. A previsión de xeración de residuos é a propia da actividade residencial (residuos orgánicos) e ao tratarse dun ámbito urbano, a actividade proxectada non altera as características do ámbito, polo que á capacidade do medio receptor se refire. A potencia a contratar é de 36.800 W. Estando excluída a devandita actividade do anexo III, achéganse os datos anteriores en relación co Anexo II. É necesaria a tramitación da incidencia ambiental?

En principio cos datos achegados coa consulta a dita actividade quedaría fóra da tramitación da incidencia ambiental. Non obstante, de apreciarse algunha outra circunstancia das indicadas no anexo II e non matizada na consulta (puntos 2 e 3) poderíase valorar e xustificar a súa inclusión na mencionada tramitación.

Para emitir un concello a licenza de actividade dun restaurante pra bodas e banquetes e necesario comunicarlle aos lindantes nun radio de 200 m?

As actividades de ocio e entretemento e de restauración están excluídas do procedemento de avaliación da incidencia ambiental. Dende o punto de vista da incidencia ambiental o Decreto 133/2008 obriga a someter os expedientes de incidencia ambiental ó tramite de información pública , e a notificación persoal aos veciños e titulares de dereitos inmediatos ao lugar da localización proposta. O procedemento de exposición pública e notificación que contemplen as ordenanzas do Concello manteñen a súa vixencia.

Esta sometida a AIA unha aula de formación de soldadura para 20 alumnos, situada en unhas instalacións que xa teñen licencia? Grazas.

Dado que ese tipo de instalacións non están nin incluídas nin excluídas expresamente do procedemento de avaliación da incidencia ambiental, poderán ser sometidas ao mesmo, segundo o artigo 2.2 do Decreto 133/2008.

Un taller de reparación de vehículos con licenza de actividade do ano 1987 quere ampliar a súa actividade a venda de pneumáticos. Estaría sometida a A.I.A dita ampliación de actividade?

A resposta dependerá da propia tramitación que lle dea o Concello á ampliación de actividade, é dicir, poderá ser cualificada como modificación substancial do artigo 3 do Decreto 133/2008, no caso de que o concello modifique a licenza que xa se posúe; ou se se engade unha nova licenza á xa posuída por consideralo como unha actividade nova que se engade á anterior sen modificala, haberá que analizar os Anexos do Decreto e, consecuentemente o seu ámbito de apliación definido no artigo 2.2.

Están suxeitas a AIA as antenas e estación base de telefonía movil?

Esta actividade non se atopa dentro das contempladas no anexo I. Haberá que ter en conta o previsto no artigo 2.2 e os criterios do anexo II para o sometemento ou non a dictame de incidencia ambiental.

Segundo entendo na nova norma, almacéns de menos de 500 metros cadrados para materiais e obxectos (coas limitacións impostas pola norma) están excluídas do tramite de a.i.a. No caso de almacenar RCD LER 170904, en almacén de menor superficie, como o vai interpretar o concello onde se presente a solicitude? En actividades nas cales isto sexa marxinal (por exemplo empresas de materiais de construción), e teñan máis elementos a almacenar (e sempre que se fagan xestores), gustaríame saber como se vai interpretar isto (na norma, no seu punto 1.11 do anexo I, en teoría se aparece que puidesen estar obrigadas). Rogo aclárenme esta dúbida. Grazas

Ademaís da autorización administrativa correspondente como xestor, as instalacións para as actividades de recollida, recuperación e eliminación de residuos, están sometidas a avaliación da incidencia ambiental, segundo o anexo I 1.11.1.

No caso da creación dunha sociedade ou cooperativa de granxas, na que as cabezas de gando trasládanse todas a unha única instalación, debera acollerse a avaliación de incidencia ambiental? Outra dúbida, no caso dun viveiro (neste caso forestas) en solo urbano con venta o público debe acollerse? Moitas gracias

No tocante ás cabezas de gando: de superarse os mínimos previstos no punto 1.1 do Anexo I do Decreto 133/2008 si terán que pasar o procedemento de avaliación de impacto ambiental por tratarse dunha modificación substancial da actividade de conformidade co previsto no artigo 3 do Decreto.

No que atinxe ao viveiro forestal: a resposta dependerá da superficie da instalación e da potencia instalada: neste sentido, se se superan os 400m2 e 15kW si deberá pasar o procedemento de avaliación de incidencia ambiental segundo o previsto no artigo 2.2 do Decreto 133/2008 se se aprecia algunha das características establecidas no Anexo II do mesmo.

Subir