CMATI

|
|
|
Compartir

Os pactos ambientais

O pacto ambiental é a figura utilizada para definir acordos voluntarios aos que poden chegar a Administración e as entidades para planificar as melloras ambientais que se van realizar nas instalacións da empresa. O pacto ambiental permitirá tamén establecer pautas de adaptación das empresas á normativa ambiental e mesmo promover estratexias de carácter local ou comarcal como instrumento orientado á harmonización de posibles conflictos entre valores ambientais e industriais, compatibilizando as medidas correctoras co principio de viabilidade das empresas.
Mediante o pacto ambiental as empresas comprométense a realizar unha serie de actuacións nun período de tempo determinado, á vez que a Administración promove actuacións dirixidas a apoiar a obtención de axudas e/ou subvencións, así como beneficios fiscais para contribuír ao financiaciamento das melloras ambientais incluídas no dito pacto ambiental. A Administración promoverá, igualmente, actuacións dirixidas a apoiar a obtención de autorizacións de competencia doutras administracións públicas que resulten necesarias para a consecución do pacto ambiental.


Relación de pactos e convenios asinados:


- Pacto ambiental entre a Conselleria de Medio ambiente e Alcoa Inespal, SA., Alumina Española, SA., Aluminio Español, SA. para facilitar a adaptación das súas instalacións á mellora continua medioambiental.


- Pacto ambiental entre a Consellería de Medio Ambiente e a empresa Cementos Cosmos, SA., sobre protección do medioambiente.


- Pacto ambiental entre Unión Fenosa Generación e a Xunta de Galicia en producción hidráulica.


- Pacto ambiental entre a Conselleria de Medio Ambiente e Endesa, SA.


- Pacto ambiental entre a Consellería de Medio Ambiente e a empresa Unión Fenosa Generación sobre protección do medio ambiente.


- Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a empresa Cepsa Estaciones de Servicio, SA.


- Acordo marco de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente e a Fundación Gas Natural en actuacións de protección do medio.


- Convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e a Universidade de Santiago de Compostela para a implantación da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, no ámbito da autorización ambiental integrada en Galicia.