CMATI

|
|
|
Compartir

Programa Twinning coa República de Macedonia

O programa de hermanamento “Twinning” da Comisión Europea foi creado no ano 1998 e proporciona o marco para que as Administracións públicas de países beneficiarios traballen cos seus homólogos dos Estados membros da Unión Europea.
A inspección ambiental de Galicia participa no proxecto denominado "Fortalecemento das capacidades administrativas a nivel central e local para a aplicación e o cumprimento da normativa ambiental", sendo a institución beneficiaria a Inspección Ambiental da República de Macedonia.
O obxectivo deste proxecto é mellorar as capacidades de aplicación da lexislación ambiental dos organismos de control ambiental da República de Macedonia a nivel central e local, sendo o seu prazo de execución dun ano a contar dende o 12 de xaneiro de 2015.
As institucións que executan o Twinning son a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, que exerce a función de Project Leader, e institucións de medio ambiente de Holanda e Portugal.